lunes, 8 de marzo de 2021

MENSAXE DE MERCEDES PEÓN PARA AS NENAS/OS 💜 💜 💜

Con motivo do día 8 de marzo, no que conmemoramos o día da muller, dende a biblioteca en colaboración coa área de música, tivemos a grandísima sorte de contar cunha muller moi salientable no mundo da música tanto a nivel nacional como internacional.

Falamos nada menos que de Mercedes Peón: compositora, directora de banda, empresaria...

Mercedes leva toda unha vida adicada á música e á experimentación das posibilidades sonoras pero sen esquecer as súas raíces tradicionais.

Partindo de algo tan pequeno e fermoso como unha pandeireta chegou, a través de grande esforzo, moita experimentación e entrega a ter unha brilante carreira que a coloca entre as grandes da música.

É loitadora, apaixonada da música e do seu traballo e non dubida en esforzarse ao máximo para dar o mellor dela mesma.

É unha grandísima música pero aínda máis, mellor persoa.

Tanto é así, que ela mesma sacou un ratiño da súa axetreada vida para enviarnos unha marabillosa mensaxe na que, entre outras cousas, dicía fermosas palabras como:

"Todo está por escribirse"

"Non vos sintades encaixadiñas no que se supón que debedes ser"

"Todo é tentar facer e facelo" ou

"Podedes ser o que queirades nesta vida"

 

MOITAS GRAZAS!!!💜 💜 💜


 

Aquí podedes ver algunhas fotos da proxección nalgunhas aulas.

 



 
Nenos/as de 4º de Primaria

Nenas/os de 5º de Primaria

Nenos/as de 6º de primaria

6º de primaria


3° de educación primaria

3° de educación primaria

 



 

Experimento sobre a IGUALDADE

 

Nos recreos da biblio, aproveitando a temática deste mes sobre igualdade, fixemos un experimento social.

Consistía en que un ou varios nenos e unha ou varias nenas tiñan que realizar un mesmo traballo conxuntamente.

Nos primeiros cursos, consistía en clasificar correctamente obxectos propios da biblioteca nos lugares asignados (libros, películas e xogos).

Nos cursos superiores, debían clasificar os libros segundo a CDU correspondente. 



* (Non se repetiron os contos, películas ou xogos ata que pasaron o tempo de corentena) 

Clasificación para os pequenos

Clasificación por CDU para os maiores



Ao finalizar, repartimos lapis para os máis pequenos e marcapáxinas para os máis maiores.

 

Lapis para os pequenos

Marcapáxinas magnéticos para os maiores



Os nenos recibían máis cantidade que as nenas e este era o comezo das reflexións...

Aquí podedes velas:

 


 

Estas son algunhas das reflexións interesantísimas que xurdiron,  pero ao final sempre chegamos á mesma conclusión.

“Se todxs facemos o mesmo traballo, todxs debemos levar a mesma recompensa porque todxs somos iguais”

Parabéns nenxs! Sodes excepcionais! Con vós, o futuro estará en moi boas mans!




 

MESA TEMÁTICA DE MARZO. MULLER, NENA E IGUALDADE

 O 8 de marzo conmemoramos o "día da muller" e dende a biblio decidimos facer diversas actividades sobre o tema, fomentando o respecto e sobre todo, A IGUALDADE!

Porque como ben nos lembra unha das nenas, a artistaza Mercedes Peón enviounos un vídeo fermosísimo (que veremos nas aulas nos próximos días) onde nos dicía, entre outras moitas cousas, que "Todo está por escribirse"

Aquí podedes ver a mesa temática que preparamos. As nosas nenas do mural están entusiasmadas, igual que nós.

Esperamos que vos gusten as lecturas que seleccionamos. Ao final, tedes os datos dos libros por se vos resultan de interese, por se queredes vir a buscar algún dos libros á biblio...

 

 - El niño que no quería ser azul, la niña que no quería ser rosa (Patricia Fitti) Edit: Destino

 - Las chicas y los chicos también pueden (Sophie Gourion) Edit: Astronave

 - Yo voy conmigo (Raquel Díaz Reguera) Edit: Thule

 - Las niñas serán lo que quieran ser (Raquel Díaz Reguera) Edit: Lumen

 - Oliver Button é unha nena (Tome de Paola) Edit: Kalandraka

 - Tres iguais (Marta Rivera Ferner) Edit: Everest

 - Me llamo Pecas ( Raquel Díaz Reguera) Edit: Nubeocho

 - PRINCESA 2.0. Y si no nos gustan las perdices? (Irene Soler) Edit: Mueve tu lengua

 - A nena que quería navegar ( Alex Sampayo) Edit: Redrum Teatro

 -  No soy perfecta ( Jimmy Liao) Edit: Bárbara Fiore editora

 - Mulleres bravas da nosa historia: Maruja Mallo  (Elvira Rivera) Edit: Urco

 - Mulleres bravas da nosa historia  Rosalía de Castro (María Lada) Edit: Urco

- Las niñas del mundo (Sara Ruano) Edit: Everest

- Los biblionautas y el día de la mujer (Ana alonso) edit: Anaya

- Supremas mozas mitolóxicas (Xan Eguía) Edit: Bululú

- Indómita e a semente da inmortalidade (Álex Mene) Edit: Bululú

- Feminino singular, en plural (Concha Blanco) Edit: Baía edicións.


domingo, 14 de febrero de 2021

O AMOR EN FRASES DE CANCIÓNS 💚🎶💙

Co motivo do "día do amor", os nenos/as de 5º e 6º analizamos as mensaxes que nos transmiten as letras das cancións de amor.

Tiñamos varias tarxetas con frases sacadas de cancións de amor.

Tiñamos tamén dous papeis, un verde (no que puxemos as frases que consideramos que tiñan unha mensaxe positiva) e un vermello (no que puxemos as frases que consideramos negativas)

Falamos sobre as frases específicas das cancións, entendendo que aínda que as mensaxes deses fragmentos fosen "positivas" ou "negativas" segundo cada opinión, non tiña nada que ver con que a mensaxe da canción en xeral estivese mal ou que fose unha mala canción musicalmente falando.

Fixemos moitas reflexións, entendendo que a música é un medio de expresión de sentimentos e emocións, que é posible sentirse identificado con calquera desas mensaxes en determinados momentos. 

Analizamos como poderiamos cambiar as frases das canción para que fosen positivas en vez de negativas e saíron reflexións moi chulas como por exemplo: unha frase que na canción orixinal dicía: Nací para amarTE cada día de mi vida, a nosa reflexión foi que a frase en positivo sería "Nací para amarME cada día de mi vida!

Ao final, quedou así de bonito: 💚🎶💙

 

 

 















viernes, 12 de febrero de 2021

8 DE MARZO! MULLERES GALEGAS RELEVANTES 💜💜💜

Como o 11 de febreiro con motivo de "Día da muller e a nena na ciencia" fixemos unha "homenaxe ás mulleres científicas galegas"  e estando  próximo o 8 de marzo "Día da muller"non quixemos deixar pasar a oportunidade de salientar tamén a mulleres da nosa terra que fixeron e están a facer grandes labores dende os seus respectivos ámbitos de traballo.

Aquí tedes só algunhas delas.

Esperamos que o disfrutedes.

miércoles, 10 de febrero de 2021

11 de Febreiro " Día da muller e a nena na ciencia "

 Para conmemorar o "Día da muller e a nena na ciencia" elaboramos esta presentación sobre mulleres científicas galegas. 

Esperamos que o disfrutedes.

lunes, 18 de enero de 2021

MESA TEMÁTICA DE XANEIRO/FEBREIRO: OS VALORES 💙💚💛💜

Este ano, pese á situación difícil que estamos a vivir, comezámolo con moito agarimo, moita ilusión e moitas ganas de compartir convosco os nosos libros.  
Dende a biblio queremos ensinarvos algúns  que recomendamos porque traballan valores moi importantes para a nosa vida e por suposto, para a nosa escola.
Falamos, entre outros, da paz, a igualdade, a solidariedade, a amizade, o amor... e todos aqueles valores que non axudan a ser mellor persoas, a vivir en sociedade e  facer un mundo mellor cada día.
esperamos que vos guste a nosa selección e xa sabedes que na biblio temos estes e moitos máis libros de todas as temáticas.
 

 
- Rosa caramelo (Adela Turín) Edit: Kalandraka

- Te quiero casi siempre (Anna Llenas) Edit: Planeta

- Pequeños mundos ( Geraldine Collet) Edit: Juventud

- Max y el pájaro (Ed Vere) Edit: Juventud

- Oliver Button é unha nena (Tomie DePaola) Edit: Kalandraka

- El país de las pulgas (Beatrice Alemagna) Edit: Phaidon

- Os vestidos de mamá (Mónica Carretero) Edit: Cuento de luz

-El niño que no quería ser azul, la niña que no quería ser rosa (Patricia Fitti) Edit: Planeta

- Un poco de mal humor (Isabel Carrier) Edit: Juventud

-  A bruxa discordia. Cancións para a paz (Carmen Gil) Edit: Galaxia

- A bruxa enrabechada (Joles Senell) Edit: Baía edicións

- Martín Gris (Zuriñe Aguirre) Edit: CB fun readers

- Nuestros derechos (María Joao Carvalho) Edit: Everest

- Estoy triste, estoy contento (Antonella Abbatiello) Edit: Panini

- Las niñas del mundo (Sara Ruano) Edit: Everest

- Wonder, todos somos especiales (R.J. Palacio) edit: Nube de tinta

- Mellor falar que pelexar  (Carmina del Río) Edit: Baía edicións

- Tres iguais (Marta Rivera Ferner) edit: Everest

- Teño dereitos (Miguel Robledo) Edit: Follas voadoras

- Nelson Mandela (África Fanlo) Edit: Parramón

- Teresa de Calcuta (Carmen Gil) Edit: Parramón

- Gandhi  (Lara Toro) Edit: Parramón

- Pandillas rivales (Javier Malpica) Edit: SM