jueves, 8 de abril de 2021

PROPOSTA DE ACTIVIDADE PARA O DÍA DO LIBRO 📖

Estimadas familias:

Despois da boa acollida da actividade sobre a poesía, queremos propoñervos outra para o "día do Libro", que se conmemora o día 23 de abril. 

Como o curso pasado foi un éxito, queremos propoñervos de novo a mesma actividade:

Trátase de elixir unha (ou varias se queredes) das seguintes opcións:

1- "Foto lectora" Consiste en sacar unha foto do neno/a, nenos/as, familias... lendo.

2- "Son booktuber". Consiste en facer un vídeo cunha recomendación dun libro expoñendo por exemplo: nome, autor, a temática, por que lle gustou... (importante que non desvelen o final!)

3- "Son unha portada de libro". Trátase de recrear a portada dun libro e sacar unha foto.

4- "Lectura compartida" Consiste en gravar un vídeo do neno/a, familia... lendo o conto para os demáis.

O correo para enviar as fotos e vídeos é biblioramo@gmail.com e a data límite será o martes 20 de abril.

Animámosvos a participar e aproveitamos como sempre para darvos moitísimas grazas por acoller sempre de tan bo agrado as actividades propostas!

Un saudiño e apertas bibliotecarias! 

O equipo de biblioteca  📖

martes, 6 de abril de 2021

MESA TEMÁTICA DE ABRIL- NATUREZA E ECOLOXÍA 🌎🍃

Hoxe os nosos amigos do mural, preséntannos unha nove mesa temática para o mes de abril dedicada á Natureza e á Ecoloxía. 

Todos/as sabemos o importante que é coidar o medio ambiente (e aínda máis nestas circunstancias que estamos a vivir).

Por iso, dende a biblio non queremos deixar pasar a oportunidade de ofrecervos lecturas amenas, divertidas e tamén instructivas sobre a ecoloxía e o coidado do medio para todas as idades...

Esperamos que vos gusten.

* Como sempre, ao final tedes os títulos, autores e editoriais dos libros da mesa.

 

 


 - Cuentos para niños y niñas que quieren salvar el mundo. (Carola Benedetto) Edit: B de Block 

- A auga está enferma (Miquel Obiols) Edit: Kalandraka 

- Gol. Aventuras no mar (Tokio) Edit: Demo editorial

 - O Raposo Rufo en "O coidado do medio" (Dani Viéitez e Iria Iglesias) Edit: Embora 

- Plásticus máximus. Unha especie invasora (Ana Pêgo) edit: Kalandraka

- Me gusta cuidar la naturaleza. Edit: SM - rescate planeta (Patrick george) Edit: Juventud

 - Gira la rueda y salva la Tierra. Plástico (Paolo Mancini y Luca de Leone) Edit: VV Kids

 - Gira la rueda y salva la Tierra.Agua (Paolo Mancini y Luca de Leone) Edit: VV Kids 

- A árbore xenerosa (Shel Silverstein) Edit: Kalandraka

- Microalgas. O mundo oculto. (Xulia Pisón) Universidade da Coruña 

- O home que prantaba árbores (Jean Giono) Edit: Galaxia 

- ¿Qué le pasa al planeta? (Eva Clemente) Edit: Emonautas 

- Pandemias (Gosia Kulik, Tomek Zarnecki) Edit: Thule 

- Una bolsa de patatas fritas en la Polinesia (Jordi Sierra i Fabra) Edit: SM 

- Los gulinos (Luis Amavisca) Edit: Nubeocho 

- La tortuguita y el mar (becky Davies, Jennie Poh) Edit: Bruño 

- Eco héroes. Vidas en defensa del planeta (Federica Magrín) Edit: VV Kids

- Capitán Verdeman. Súperhéroe del reciclaje (Ellie Bethel) Edit: Juventud 

- Greta, la lucha de una niña por salvar el planeta. (Jeanette Winter) Edit: Juventud 

- 23 ideas para ser un eco- héroe (Isabel Thomas) Edit: SM

martes, 23 de marzo de 2021

Traballiños das aulas polo 8 de marzo!

 Como xa sabedes, o 8 de marzo conmemoramos o día da muller. Aquí podedes ver outro dos exemplos que se traballou nas aulas.

Neste caso, biografías sobre mulleres e frases que dixeron. Ao rematar, fixeron un libriño con todas elas.

Saíron cousas tan bonitiñas como estas:

 













Traballiños das aulas polo 8 de marzo!

Como xa sabedes, o 8 de marzo conmemoramos o día da muller e dende as aulas tamén se traballou con ideas chulísimas como estas que podedes ver aquí:

Primeiro unha na que os nenos/as cun so folio, unha doblez e un corte nun lugar específico, conseguían facer un libriño chulísimo. Despois, tiñan que colocar as pegatinas de mulleres no lugar correspondente. Así de chusquiño queda:

 

Documento orixinal

Pegatinas para colocar no seu sitio

Libriño rematado


 

martes, 16 de marzo de 2021

Que é poesía? "Poesía es ti"

Estimadas familias:

Aproveitando que o mes de marzo conmemoramos o mes da poesía, dende a biblio queremos propoñemos unha actividade chamada : “Poesía es ti”

Consiste en gravar  un vídeo no que os nenos/as, familias… saiades recitando unha rima, poema, adiviña, refrán… Pode ser que xa existan ou de elaboración propia.

Con todos eles, faremos unha montaxe que compartiremos nas redes do centro.

O prazo para presentalos é ata o 26 de marzo e podedes envialo ao correo da biblio: biblioramo@gmail.com

ESPERAMOS OS VOSOS VÍDEOS!!  ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR

MOITAS GRAZAS E APERTAS BIBLIOTECARIAS!

                                                                                                                O equipo de Biblioteca

MásLeer

                                                                                          

lunes, 15 de marzo de 2021

AGRADECEMENTO INFINITO AO PERSOAL ESENCIAL! 💓💙💚💛💜


Onte comezábamos esta conmemoración sobre a declaración do "Estado de alarma" co conto marabilloso elaborado polos nenos/as de 1º de Educación Primaria.

Continuamos hoxe coa conmemoración. Esta vez, cun vídeo no que agradecemos a todo o persoal esencial que estivo e segue estando ahí dando o mellor de sí mesmos para poder superar esta pandemia.

Fixémolo con  todo o agarimo, respecto e agradecemento do mundo! 

Esperamos que vos guste.

 

 

domingo, 14 de marzo de 2021

ESTADO DE ALARMA!! XA VAI UN ANO!! 📣 📣

Hoxe fai un ano dende a declaración do estado de alarma en España.

Nese momento aínda non sabiamos moi ben o que pasaba, sabiamos que había un virus que nos estaba a poñer en perigo e pouco a pouco fomos tendo máis información.

Un ano despois, dende biblioramo conmemoraremos este momento tan "histórico" con diversas actividades relacionadas coa pandemia que compartiremos nos próximos días.

Comezamos cun conto gravado polos nenos/as de 1º de EP en teatro de sombras. Pasámolo xenial e quedou a mar de chusquiño.

Aquí podedes velo: