viernes, 11 de febrero de 2022

23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

O día 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro.

Para que a coñezades mellor deixámosvos unha pequena biografía sobre ela.


martes, 8 de febrero de 2022

BAILE DA PAZ DE MAMÁ CABRA

Os máis peques do cole estiveron preparando na clase de música o baile da Paz de Mamá Cabra e  sorprendéronnos con este vídeo tan chulo.

A que o fixeron moi ben?

jueves, 3 de febrero de 2022

MESA DE NOVIDADES

 

Ola amiguiños!

Xa tedes á vosa disposición unha moera de novidades que esperamos que vos gusten.

Entre outros títulos podedes atopar: Guía interactiva el cuerpo humano, 101 imágenes del mar, Paxaro amarelo, 10 ideas para superar el racismo, Que teñen que ver as vacas co cambio climático, Cómo ser autista, Zampamiedo, El desierto.

Tamén repetimos algúns títulos que vemos que teñen moito éxito. Así podedes collelos varios nenos á vez!




Queremos aproveitar para agradecer á ANPA a doazón de libros que fixo estes días. Estamos seguros de que tamén lles sacaremos moito proveito. En nada terédelos xunto ao resto de novidades.



Felices lecturas!!


martes, 21 de diciembre de 2021

RECOMENDADOS DE NADAL 2021

 Chega o nadal e queremos aproveitar para facervos algunhas recomendacións lectoras.

Para ver os trípticos en grande debedes clicar sobre a imaxe.

PARA OS PEQUES DE EDUCACIÓN INFANTIL...



PARA OS NENOS E NENAS DE 1º E 2º DE PRIMARIA...



PARA OS NENOS E NENAS DE 3º E 4º...



E POR ÚLTIMO, PARA OS MAIORES DO COLE, PARA 5º E 6º DE PRIMARIA...




Aproveitamos para desexarvos boas festas!!



lunes, 20 de diciembre de 2021

CONCURSO POSTAIS DE NADAL

 Este ano retomamos o noso tradicional concurso de postais de nadal.

Quedaron todas moi chulas e aínda que foi moi difícil decantarnos por cal sería a gañadora, finalmente escollimos esta dos máis pequerrechos.




A que é moi bonita?

Como nos gusta tanto empregarémola de portada nos nosos trípticos de recomendados de nadal.

Esperamos que vos guste!!

domingo, 19 de diciembre de 2021

LECTURA DE "ALGO MÁS"

 


Para rematar o trimestre, quixemos compartir co noso alumnado a lectura do libro "Algo más" de Gabriela Rubio Márquez.

Con él tratamos de reflexionar sobre o consumismo destas datas así como a importancia de empregar a imaxinación e de ser creativos á hora de xogar e de pasalo ben.

viernes, 10 de diciembre de 2021

Toupiciencia. A xanela do maxín

 A continuación deixámosvos unha miniserie audiovisual de divulgación científica en galego dirixida á infancia con 8 episodios de 3 minutos de duración cada un. 

Neles, Toupiña e outros monicreques descubrirán o mundo da ciencia a través de curiosidades sobre a astronomía, a física, a bioloxía, a química ou as matemáticas.

Esta iniciativa realizada por A Xanela do maXín e ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22, conta coa colaboración de persoeiros do ámbito científico de Galicia, como Ángel Carracedo, Minia Manteiga, Elena Vázquez, Xurxo Mariño ou Jorge Mira, entre outros.

Esperamos que vos guste!!