lunes, 13 de febrero de 2023

MANDATOS DE ENTROIDO 2023

Que ganiñas tiñamos de volver á normalidade e de recuperar o entroido de anos atrás!!

Así que nesta semana xa temos todo en marcha. Hoxe comezamos cos mandatos do meco don Falsón, o pirata máis guasón e o venres toca festival!! Seguro que nos sorprenderemos coas magníficas actuacións que está preparando o noso alumnado.





sábado, 11 de febrero de 2023

11 DE FEBREIRO DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Para conmemorar o Día da muller e da nena na ciencia, tedes á vosa disposición unha mesa de recomendados para que vexades algúns dos fondos que podedes atopar na biblio relacionados con esta temática.

Non perdades a oportunidade de botarlles unha ollada!!




miércoles, 1 de febrero de 2023

NOVIDADES DE FEBREIRO

Este mes temos estas novas adquisicións relacionadas co entroido, Día de Rosalía, diversidade,...

Achegádevos a ver todas as novidades coas que contamos!





lunes, 30 de enero de 2023

A PAZ 2023

Para conmemorar este día comezamos como cada ano por facer un concurso de pegatinas. Entre todas elas escollimos a máis representativa para poñer todos nós o día 30.

Esta foi a gañadora!!

Despois, entre todos, decoramos coas nosas mans a entrada do centro e os corredores.

                                       


Como ven sendo habitual, o alumnado de 6º de primaria elaborou un manifesto pola paz e en contra da violencia que compartiron con todos nós o día 30. Para que o noso manifesto se fixese eco por todas partes, publicárono en formato podcast a través da nosa recén estreada radio escolar.

Se queredes escoitalo podedes facelo facendo clic no seguinte enlace:

https://go.ivoox.com/sq/1820967

Tamén crearon a vacina pola paz!!

                             

Por último, coa axuda do profe Carlos cantamos e bailamos todos xuntos unha canción elaborada especialmente para festexar este día.


lunes, 5 de diciembre de 2022

3 DE DECEMBRO, DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Este ano o  lema que nos serviu para reflexionar sobre o tema foi: "Diferentes no voo pero co mesmo dereito a voar".


Como de costume traballamos varias lecturas e os maiores fixeron de contacontos para os máis pequenos.

Ao longo destes días, realizamos na biblio unha xornada de xogos de sensibilización.

Para poñerse no lugar das persoas con deficiencia visual empregamos o xogo "Sin palabras junior".

A deficiencia auditiva tratamos de visualizala co xogo "Hearing things"

Por último, para tratar o tema das dificultades motrices empregamos o xogo do "Boli loco" e guantes de boxeo para escribir.

jueves, 1 de diciembre de 2022

25N

Este ano para manifestar a nosa repulsa contra a violencia de xénero traballamos o tema a través de varias lecturas.


Os maiores do cole fixeron sesión de contacontos aos máis peques.

O conto de "Artur e Clementina" serviunos para reflexionar sobre a violencia silenciosa. Cada clase elaborou unha tartaruga en meteu dentro do caparazón todas as liberdades e dereitos que temos polo feito de ser persoas. Fóra do caparazón deixaron todas as cousas que constitúen violencia de xénero, sexa do tipo que sexa. 

                                      

                                     

Ademáis, cada clase elaborou un mural con tapóns de plástico e decoramos a entrada do cole.  








viernes, 4 de noviembre de 2022

SAMAÍN

Para celebrar o Samaín ao longo da semana fixemos actividades moi variadas: decoramos a nosa biblio cun toque terrorífico, acabamos de decorar as cabazas que trouxemos da casa e fixemos con elas unha fermosa exposición por todos os corredores do cole. 







Tampouco faltaron os contos de medo!!





Para rematar, tivemos unha xornada de xogos populares e o magosto.