jueves, 18 de diciembre de 2025

CONTO DE NADAL




Para rematar o trimestre, Valle, Keyla e Xoel agasállannos a lectura dun fermoso conto de Gabriela Rubio a través do cal poderemos reflexionar sobre o consumismo e o enorme poder da nosa imaxinación. 

Se queredes escoitalo picade no seguinte enlace: Algo máis

Esperamos que vos guste!

BOAS FESTAS!!

lunes, 15 de diciembre de 2025

OS NENOS E NENAS DE SEGUNDO RECOMENDAN

 






estes días o alumnado de 2º de primaria subiu á radio para facer un podcast de recomendacións lectoras. 

Queredes escoitalas? Pois facede clic no seguinte enlace Recomendacións lectoras

MANUELA FALA SOBRE O INFARTO DE MIOCARDIO


 


Hoxe Manuela, alumna de 6º de primaria, quixo explicarnos en que consiste o infarto de miocardio. Se queredes escoitala, clicade no seguinte enlace

O INFARTO DE MIOCARDIO

Grazas Manu por compartir con nós a túa investigación!

viernes, 5 de diciembre de 2025

3 DE DECEMBRO, DÍA DA DISCAPACIDADE

 

Hoxe, 3 de decembro, é un día moi especial no noso calendario. Celebramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, un momento perfecto para lembrar que a diversidade é o que nos fai únicos e ricos.

Este ano a nosa proposta de actividades versa sobre a importancia dos sentidos. Seremos capaces de atopar obxectos empregando só o tacto? E de utilizar o olfacto para descubrir olores? Atrevédesvos a descubrir quen ten a campaíña agochada? Toda unha experiencia sensorial onde poñeremos a proba aos nosos sentidos.









viernes, 28 de noviembre de 2025

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA


Se hai un mes no que a curiosidade non ten límites, ese é novembro. Como xa é tradición, a biblioteca énchense de experimentos, preguntas e, sobre todo, moita innovación para celebrar o Mes da Ciencia.
Queredes ver algúns dos experimentos realizados polos nosos pequenos científicos?







martes, 25 de noviembre de 2025

LECTURAS COMPARTIDAS DO 25N



Hai datas no calendario que nos chaman a parar, a escoitar e, sobre todo, a reflexionar en comunidade. O pasado 25 de Novembro unímonos de novo para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, e fixémolo do xeito que mellor sabemos: a través da palabra, o respecto e as lecturas compartidas.

As historias teñen o poder máxico de poñernos na pel dos demais, de axudarnos a entender o mundo e de sementar os valores de igualdade e non violencia que queremos ver no futuro.




 

martes, 4 de noviembre de 2025

XOGOS DE OUTONO E SAMAÍN NA BIBLIO

Neste mes do medo na entrada do cole tivemos unha mesa de libros recomendados.


Tamén tivemos un photocall no que sacar fotos terroríficas.





Por último, deseñamos os nosos propios xogos cos que aprendimos moito sobre estas datas. Pasapalabras, xogos de memoria e atención, búsqueda de obxectos,... Pasámolo bomba!