domingo, 22 de enero de 2012

O NOSO REI LEÓN XA TEN RAÍÑA!!





O venres na hora de ler, nomeamos ao león e á leona da biblio. O león segue sendo Carlos de 4º. Non hai quen o destroe!! Pero como novidade, apareceu unha gran leona. É Naila, de 5º. A pesar de que eles dous son os grandes reis da nosa selva de libros, tamén hai outros leonciños e leonciñas no cole.
Parabéns a tod@s e a seguir devorando libros!!

sábado, 10 de diciembre de 2011

SABEDES CALES SON AS FUNCIÓNS D@S AXUDANTES DA BIBLIO?

Como sabedes, o curso pasado comezaron @s axudantes de biblioteca. Son nenos e nenas de 5º e 6º de primaria que de forma voluntaria axudan ás nosas bibliotecarias. Queredes saber cales son as súas funcións?


INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

O pasado xoves, @s alumn@s de 3º de primaria sorprendéronnos cunha obra de teatro titulada "La fea durmiente".
Fixérono xenial e desfrutamos moito con ela. Parabéns rapaces!!

sábado, 15 de octubre de 2011

DE QUEN SERÁ ESTA CARTA TAN ESPECIAL?

O venres pasado recibimos a carta de alguén moi especial. De Cascabel, a nosa mascota da biblio. Este verán decidiu que quería viaxar polo mundo e marchou de vacacións a un país estranxeiro. Con ela ao longo do curso aprenderemos moitísimas cousas sobre ese país. Polo de agora enviounos coa súa carta un pequeno agasallo para darnos unha pista. Unha bandeira!! Seguro que xa sabedes por onde anda a nosa bolboreta aventureira!

VOLTAN AS MOCHILAS VIAXEIRAS!!

Un curso máis, comeza a andaina das mochilas viaxeiras polas casas dos nenos e nenas do noso cole. Tratádeas ben para que queden con ganas de voltar ás vosas casas!

sábado, 18 de junio de 2011

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

Recomendacións para infantil:


Recomendacións para o 1º ciclo de primaria:


Recomendacións para o 2º ciclo de primaria:


Recomendacións para o 3º ciclo de primaria: