lunes, 12 de marzo de 2012

175º ANIVERSARIO DE ROSALÍA

O día 24 de febreiro fixemos unha pequena homenaxe a Rosalía de Castro. Comezou Flor dándonos a tod@s unha pequena explición do motivo polo que lle adicamos este día e despois cada aula de primaria fixo lectura dalgún dos poemas desta escritora. Se queredes ver como saíu aquí vos van os vídeos.















viernes, 17 de febrero de 2012

O HUMOR E OS DEREITOS DA INFANCIA





O pasado día 30 de xaneiro, @s alumn@s do 2º e 3º ciclo visitaron a exposición "O humor e os dereitos da infancia" na Casa da Cultura. Tamén aproveitaron para facer un pequeno percorrido pola sala dos espellos, a do humor negro,... Foi unha visita moi entretida!

domingo, 22 de enero de 2012

O NOSO REI LEÓN XA TEN RAÍÑA!!





O venres na hora de ler, nomeamos ao león e á leona da biblio. O león segue sendo Carlos de 4º. Non hai quen o destroe!! Pero como novidade, apareceu unha gran leona. É Naila, de 5º. A pesar de que eles dous son os grandes reis da nosa selva de libros, tamén hai outros leonciños e leonciñas no cole.
Parabéns a tod@s e a seguir devorando libros!!

sábado, 10 de diciembre de 2011

SABEDES CALES SON AS FUNCIÓNS D@S AXUDANTES DA BIBLIO?

Como sabedes, o curso pasado comezaron @s axudantes de biblioteca. Son nenos e nenas de 5º e 6º de primaria que de forma voluntaria axudan ás nosas bibliotecarias. Queredes saber cales son as súas funcións?


INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

O pasado xoves, @s alumn@s de 3º de primaria sorprendéronnos cunha obra de teatro titulada "La fea durmiente".
Fixérono xenial e desfrutamos moito con ela. Parabéns rapaces!!

sábado, 15 de octubre de 2011

DE QUEN SERÁ ESTA CARTA TAN ESPECIAL?

O venres pasado recibimos a carta de alguén moi especial. De Cascabel, a nosa mascota da biblio. Este verán decidiu que quería viaxar polo mundo e marchou de vacacións a un país estranxeiro. Con ela ao longo do curso aprenderemos moitísimas cousas sobre ese país. Polo de agora enviounos coa súa carta un pequeno agasallo para darnos unha pista. Unha bandeira!! Seguro que xa sabedes por onde anda a nosa bolboreta aventureira!