domingo, 2 de marzo de 2014

ANTROIDO 2014

Por fin o día grande do Antroido!!! Para isto estivemos ensaiando toda a semana. Non quedou de todo mal. Déixovos unha selección de fotos. 
Disfrutade do Antroido, se o tempo o permite!!!

ANTROIDO 2014 by Slidely Slideshow

miércoles, 26 de febrero de 2014

3º MANDATO

Con coroas, diademas, babeiros e chupetes. Que ricos os chupetes!!


Imos a polo 3º mandato:

Como terceiro día e último mandato,
creo que isto vaivos molar un rato.
QUE NON FAGADES MAÑÁ OS DEBERES!!
Así contentos todos estaredes,
e aos profes cabrearedes.
 
Queredes ver cal foi a reacción dos nen@s ao escoitar o mandato? Pobres, que desgusto levaron!!
 
 

martes, 25 de febrero de 2014

2º MANDATO

Vamos a polo  2º mandato!!

 
No 2º día, mércores vinte e seis, promete.
Traeredes un grande e gracioso chupete.
E como ás veces sodes algo babosos,
que vos parece engadir un babeiro fermoso?


Ademáis do chupete e o babeiro, non esquezades seguir traendo a coroa ou a diadema.
Recordade que os mandatos son acumulativos!! Queredes ver o guap@s que estábamos coas coroas e as diademas?


lunes, 24 de febrero de 2014

CHEGA O ENTROIDO!!

Comeza a conta atrás para que chegue o tempo de Entroido!!

O noso meco "The Corruptor" quere que nos vaiamos metendo en ambiente así que isto é o que nos pide.

Atentos ao 1º mandato!!

Xa sabedes, diadema ou coroa. Que guap@s imos estar!!

Non estades desexando saber o que mandará mañá?

Pois paciencia amiguiñ@s, teremos que esperar ao recreo.

viernes, 21 de febrero de 2014

MELLORAMOS A NOSA SEGURIDADE

Onte, o alumnado do 3º ciclo recibiu una charla sobre os riscos aos que nos expoñemos cando non facemos un uso responsable de internet e das redes sociais. O certo é que quedamos con ganas de aprender moito máis polo que seguramente repetiremos a experiencia para o mes de xuño. Así poderemos profundizar no tema.

QUE VOS PARECE SE FALAMOS COAS MANS?

O venres pasado tivemos a oportunidade de aprender unha morea de cousas sobre as persoas xordas. Blanca e Iván, dúas persoas xordas, e a súa intérprete ( á que lle pedimos desculpas por esquecer o seu nome)ensináronnos como é posible superar as dificultades que se atopan no seu día a día. Os máis pequeniños tiveron a sorte de que Iván lles contara un conto en lingua de signos. Grazas a él tamén aprendimos a dicir unhas cantas palabras e a falar coas nosas mans.





Por outra banda, Blanca explicou aos máis maiores curiosidades sobre a vida das persoas xordas.
Por último as dúas intervencións culminaron coa proxección dun vídeo que a continuación queremos compartir convosco. Foi moi interesante e tod@s aprendimos moitísimo!! Moitas grazas!!


martes, 4 de febrero de 2014

A PRIMEIRA VIDEOCONFERENCIA

 Hoxe tivemos a nosa primeira videoconferencia!!!
Comunicámonos cun grupo de rapaces/zas do Colexio "Santiago Apóstolo" de Franza e lles limos un conto que eles non coñecían.



Primeiro fixemos as presentacións.


Logo limos o conto.


Mostrando as ilustracións.


 O público manifestou a súa satisfacción.


Polo que poñerémonos en contacto máis veces para outras actividades lectoras.
Xa vos contaremos!!!