martes, 5 de mayo de 2015

LA ROPA DE LULÚ

Hoxe Inés e a súa nai leron o conto "La ropa de Lulú" aos nenos e nenas de 3 anos.
Grazas chicas, gustounos moito!!

lunes, 4 de mayo de 2015

VESTIDA CO ARCO DA VELLA

A semana pasada os nenos e nenas de 4 e 5 anos sorprendéronnos co conto de Antón Cortizas, "Vestida co arco da vella".
Os pequenos tamén saben contar contos moi pero que moi ben!!!

SEGUIMOS COAS LECTURAS EN FAMILIA

O venres a mamá de Fátima contounos o conto "O segredo de Flora". Para rematar, acabamos cantando a canción de Flora. Deste modo aprendimos a liberarnos desas formigas que ás veces tamén a nós nos amolan.
Gústounos moitísimo!!
Parabéns!!

 
 
 
 
 

jueves, 30 de abril de 2015

COMEZAMOS COAS LECTURAS DE PAIS E NAIS!!

Hoxe o alumnado de 1º ciclo de primaria tivo a sorte de aprender unha morea de cousas sobre aves grazas a Leire e á súa nai. Parabéns chicas!! Gustounos moito o libro que escollestes!!

miércoles, 29 de abril de 2015

1ª REUNIÓN DO CLUBE DE LECTURA

Aproveitando o interese do alumnado de 3º ciclo polo libro "El genial mundo de Tom Gates" de L. Pichon creamos un clube de lectura. Onte tivemos a nosa primeira xuntanza. Ademáis de falar do libro saíron temas moi interesantes sobre a relación entre irmáns, os motivos polos que os alumnos "desconectan" durante as clases,... O tempo fíxosenos pouco así que tentaremos retomar a sesión para seguir falando de cousas que quedaron no tinteiro.

domingo, 26 de abril de 2015

sábado, 25 de abril de 2015

GAÑADORES DO 1º RETO MATEMÁTICO


Os gañadores do 1º reto matemático son...
1º ciclo: Brais Pazo
2º ciclo: Aitor
3º ciclo: Gabriel
Parabéns rapaces!!
Animádevos, podedes ser os seguintes!! Só tedes que adicarlle uns minutiños a resolver o 2º reto!!