O noso alumnado está desexoso de compartir cos mais os seus coñecementos!!
Grazas ao proxecto Cóntame o que sabes poderemos aprender unha morea de cousas cos nosos compañeiros.
Ata o de agora realizamos 3 sesións de ioga e unha charla sobre o coidado dos animais domésticos.
Cal será a seguinte?
miércoles, 25 de abril de 2018
miércoles, 14 de marzo de 2018
APADRIÑAMENTOS LECTORES
Por fin chegaron os desexados apadriñamentos e amadriñamentos lectores do segundo trimestre!!
O tempo acompañou así que poidemos disfrutar coa lectura ao aire libre.
Reportaxe fotográfico
O tempo acompañou así que poidemos disfrutar coa lectura ao aire libre.
Reportaxe fotográfico
domingo, 11 de marzo de 2018
VISITA PAULA MAYOBRE
Seguindo coas actividades planificadas para o Día da Muller Traballadora, recibimos a visita de Paula Mayobre. Esta atleta internacional explicounos a importancia de facer deporte e relatounos as dificultades que se atopou ao longo da súa carreira deportiva polo feito de ser unha muller.
Aproveitando a visita, correu a milla connosco e deunos uns conselliños que seguramente nos serán de moita axuda.
Moitas grazas por compartir connosco a túa experiencia Paula!!
jueves, 8 de marzo de 2018
8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Para festexar este día ademáis de traballarse con varios contos da nosa biblio, tivemos a sorte de participar na actividade proposta polo concello de "Contos pola igualdade".
Non perdades a oportunidade de saber quenes son!!
Pois entón.... A pescudar!!
domingo, 25 de febrero de 2018
24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA
O ano pasado, enterámonos que unha compañía aérea incorporara a imaxe de
Rosalía nun dos seus avións. Nós decidimos crear a nosa propia flota de
avións e levar a obra de Rosalía por todo o mundo. Para iso o alumnado
de infantil traballou os títulos dos libros e poemas máis destacados da
escritora mediante unha dinámica de aprendizaxe cooperativo e o alumnado
de primaria escribiu en avionciños unha estrofa dalgún dos seus
poemas.
Ademáis, o alumnado de 5º e 6º de primaria en colaboración coa asociación Liga de Amigos de Barallobre, foi facer unha lectura de poemas que se retransmitiron en Radio Fene neste día.
domingo, 18 de febrero de 2018
VOLVE A SEMANA DO AGARIMO
Un ano máis, dispoñémonos a festexar a Semana do Agarimo. E unha oportunidade marabillosa para dicirlles aos nosos amigos e amigas o importantes que son para nós. Non deixedes de facelo.
O buzón está esperando a vosa visita!!
miércoles, 31 de enero de 2018
30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ
Para festexar este día traballamos con todo o cole sobre varios contos.
Tampouco podía faltar a nosa mesa temática relacionada co tema.
Por outra banda, grazas á colaboración das familias, o alumnado de infantil decorou os seus corredores con estes fermosos murais.
Como colofón final, creamos un mural baixo o lema "Imos navegando rumbo á paz". Foi unha oportunidade fabulosa para facer papiroflexia e aprender a facer barquiños e sombreiriños de papel.
Ademáis a profe Yolanda compuxo para nós unha fermosa canción coa que sorprendimos ás familias.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)