Despois de moitos preparativos, cambios e propostas para facelo seguro, por fin hai uns días comezamos coa actividade que tanto vos gusta das "Mochilas viaxeiras para educación primaira" e as "Bolsas de fin de semana de educación infantil"📚
Comezamos o mes de novembro, e con el, unha nova mesa temática adicada ao medo.
Nesta mesa, poderás atopar libros relacionados con monstros griposos, esqueletes coquetos, meigas, vampiros e moito máis...
Deixámosvos debaixo a lista de libros da mesa, pero ollo!!! que temos moitos máis!!
Se che apetece, non dubides en preguntar, estaremos encantados de axudarche para que atopes unhas lecturas que che fagan gozar e pasalo de MEDOOOOO!!!!!
Hoxe, 24 de outubro, festéxase o "Día das bibliotecas"
Para nós, dinamizar a biblioteca propoñéndovos actividades que pensamos que poden resultar interesantes para a comunidade educativa, é unha gran labor que intentamos coidar con moito agarimo.
O obxectivo que perseguimos é que os pequerrechos/as vexan a biblio como un lugar atractivo. Un lugar no que se sintan agusto. Ás veces, cheo de paz e tranquilidade. Outras, de exploración e descubrimento...
Pretendemos despertar ese "amor pola lectura" tan beneficioso para o desenvolvemento integral do neno/a, que é a base da educación.
Dende Biblioramo, queremos compartir con vós un vídeo sobre algunhas das bibliotecas consideradas das máis fermosas do mundo, así como unha cortametraxe para toda a familia na que se pon en valor o fomento da lectura.
Desexamos que a lectura vos acompañe hoxe e os 364 días restantes!
Mil grazas porque vós facedes que a biblio estea viva!!
Como podedes ver, non só vos botábamos de menos os profes, os nosos amigos da biblio tamén están desexando vervos!!
Dende o equipo de biblioteca (con novos integrantes) queremos darvos a benvida a este novo curso 2020-2021 e anunciarvos que nas próximas semanas ABRIMOS AS NOSAS PORTAS!!
Estamos traballando cheos de ilusión e de enerxía para adaptarnos á nova situación e garantirvos a máxima seguridade pero sen esqueceremos de que a nosa biblio é un lugar para gozar!
Aínda que teremos que cambiar algunhas cousiñas e prescindir temporalmente de outras, imos facer todo o posible para que a biblio siga tendo esa "maxia" que tanto nos gusta a todos.
Esperamos poder estar á altura e poder compartir con todos vós un ano máis esta fermosa experiencia.
Rematou xa este curso tan insólito para todos. Chega o verán e con él, a caloriña, a praia, o tempo libre e... nós, dende a biblio, propoñémosvos diferentes lecturas para este verán. Só nos queda dicir que estamos moi orgullosos de vós e da grande labor que fixestes na casa durante todo este tempo. Queremos agradecervos infinitamente que participásedes nas actividades que vos propuxemos con tanta ilusión. Como xa vos dixemos máis veces, grazas a vós, a biblio ten sentido. UN MILLÓN DE GRAZAS. FELICÍSIMAS E MERECIDÍSIMAS VACACIÓNS!!!! VÉMONOS Á VOLTA!!! 💚 Apertas bibliotecarias.