Hoxe estreamos con moita ilusión un recuncho que xa fai tempo que tiñamos ganas de montar. A zona de peda-leo. Nela o noso alumnado poderá facer exercicio mentres desfruta da lectura dos seus libros favoritos.
jueves, 26 de mayo de 2022
sábado, 23 de abril de 2022
ESTE É O NOSO MURAL DO DÍA DO LIBRO
FELIZ DÍA DO LIBRO!
viernes, 8 de abril de 2022
SAEN AS MOCHILAS VIAXEIRAS PARA PAIS E NAIS!!
Hoxe, por fin, poñemos en funcionamento tres mochilas viaxeiras pensadas para pais e nais.
A proposta está tendo moi boa acollida entre as familias así que esperamos que o seu contido das mochilas sexa do voso interese.
Xa temos reservas para tres quendas!!
Moitas grazas por formar parte dos proxectos do cole!!
lunes, 4 de abril de 2022
CHEGAN AS MOCHILAS VIAXEIRAS PARA AS FAMILIAS
Ola familias!
Como consideramos que a educación dos vosos fillos é unha tarefa conxunta, queremos facervos partícipes dos nosos proxectos e poñer á vosa disposición unha serie de libros relacionados co desenvolvemento dos nenos, disciplina positiva, a práctica de mindfulness e o desenvolvemento de hábitos de vida saudables.
Todos os que esteades interesados deberedes solicitala no correo rbcblancocarpente@gmail.com
Para o préstamo seguiremos a orde de solicitude.
Animádevos!!
lunes, 28 de marzo de 2022
AZUL ES PEREGRINO
Hoxe o alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria participou nun contacontos en lingua de signos. Despois, aprendimos algúns dos signos que aparecían no conto.
Por último, agasalláronnos un abecedario dactilolóxico a cada un e fixemos unha sopa de letras.
Foi moi divertido!
martes, 22 de marzo de 2022
22 DE MARZO, DÍA DA AUGA
O día da auga elaboramos co alumnado carteis con lemas relacionados coa importancia de facer un consumo responsable da auga do noso planeta.
Aquí tedes unha pequena mostra do chulos que quedaron.
.jpeg)





.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)




