martes, 16 de mayo de 2023

RECOMENDADOS EN GALEGO

A nosa lingua que fermosa é!

E cantos libros temos cos que pasalo ben!

Aquí vos deixamos, xunto cunha breve biografía de Francisco Fernández del Riego, algunhas recomendacións lectoras que esperamos que vos gusten.

Recordade que se queredes velo ampliado teredes que facer click sobre a imaxe.

FELICES LETRAS GALEGAS!!!







lunes, 24 de abril de 2023

24 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Co motivo da celebración do Día do libro, o alumnado de 5º sorprendeunos cunha fermosa mostra de libros elaborados por eles a partires de caixas de cereais.

Mirade o chulos que quedaron!



lunes, 3 de abril de 2023

MOCHILAS VIAXEIRAS PARA FAMILIAS



Un ano máis, xa están en marcha as mochilas para familias con contidos relacionados cos nosos proxectos.

Que temáticas poderedes atopar nelas?

- Inclusión

-Vida saudable

- Emocións

- Consumo de novas tecnoloxías

Cada vez son máis as familias que mostran interese por elas.

Animámosvos a que as solicitedes!!

martes, 7 de marzo de 2023

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Ao longo de toda a semana traballamos a igualdade de xénero con diferentes contos. Ademais, dende a biblio e o equipo de dinamización fixéronse diferentes propostas para coñecer a mulleres relevantes da nosa historia e da actualidade: encrucillados, sopas de letras, memorys, puzles,...






Deixámosvos un pequeno documento con mulleres galegas de actualidade. Coñeces a algunha?

jueves, 23 de febrero de 2023

23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA


Grazas a Carmen, alumna de 6º de primaria, poidemos lucir este fermoso mural na entrada da biblio para festexar o Día de Rosalía.

Este ano ímonos achegar a Rosalía a través das cancións, co libro "Rosalía pequeniña" de Uxía. 

Deixámosvos aquí o vídeo da primeira.



Por outra banda, o alumnado de 5º de primaria realizou unha lectura co Kamishibai sobre a vida e os poemas de Rosalía para todas as clases.







miércoles, 15 de febrero de 2023

martes, 14 de febrero de 2023

IMOS A POLO 2º MANDATO!!

 Un día máis, xuntámonos na entrada do cole para escoitar o 2º mandato de don Falsón. Por se vos despistades, aquí o tedes.

E mañá queda o último!! Recordade que son acumulativos.