viernes, 24 de octubre de 2025

ENTREVISTAMOS A DIAOU DIALLO


Hoxe, co motivo da inauguración da milla escolar deste curso, Diaou, unha antiga alumna do colexio e atleta profesional de triple salto, veu darnos unha charla sobre a importancia do deporte e o coidado da saúde.
Tamén nos contou a súa experiencia persoal e como fai para compaxinar estudos e deporte.
Aproveitando a súa visita, fixémoslle unha entrevista na radio para coñecela un pouquiño máis.
Se queredes escoitar a entrevista, tedes que clicar no seguinte enlace. ENTREVISTA A DIAOU.



Moitas grazas Diaou por adicarnos o teu tempo!!

 

martes, 17 de junio de 2025

RECOMENDADOS DE VERÁN

 Aquí vos deixamos as nosas recomendacións lectoras para este verán.

Bo verán e felices lecturas!!






lunes, 16 de junio de 2025

MESA DE RECOMENDADOS DE VERÁN

Achégase o final do curso e na entrada do cole xa tedes algunhas das nosas recomendacións lectoras para verán.

Animádevos a botar unha ollada!!

viernes, 6 de junio de 2025

lunes, 2 de junio de 2025

LECTURAS COMPARTIDAS 2025

Un ano máis, retomamos a actividade de lecturas compartidas coas familias.

Moitas grazas a todos os que facedes posible esta actividade que tanto gusta aos nenos!










viernes, 16 de mayo de 2025

ENTREVISTAMOS A UXÍA, A NOSA PANDERETEIRA FAVORITA

 

Este ano Uxía Doval, antiga alumna do centro, veu a facer con nós un obradoiro para que aprendésemos a importancia das cantareiras na conservación da cultura galega. Uxía está moi ligada á música tradicional e coa súa posta en escea e a súa experiencia aprendimos moitísimo.

Moitas grazas Uxi!!

Aproveitando o seu paso polo cole quixemos facerlle unha pequena entrevista. Se queredes escoitala podedes facelo clicando no seguinte enlace. Entrevista Uxía














LETRAS GALEGAS 2025

Deixámosvos o tríptico de recomendados de Letras Galegas deste curso.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!