viernes, 19 de diciembre de 2025
jueves, 18 de diciembre de 2025
CONTO DE NADAL
Para rematar o trimestre, Valle, Keyla e Xoel agasállannos a lectura dun fermoso conto de Gabriela Rubio a través do cal poderemos reflexionar sobre o consumismo e o enorme poder da nosa imaxinación.
Se queredes escoitalo picade no seguinte enlace: Algo máis
Esperamos que vos guste!
BOAS FESTAS!!
lunes, 15 de diciembre de 2025
OS NENOS E NENAS DE SEGUNDO RECOMENDAN
estes días o alumnado de 2º de primaria subiu á radio para facer un podcast de recomendacións lectoras.
Queredes escoitalas? Pois facede clic no seguinte enlace Recomendacións lectoras
MANUELA FALA SOBRE O INFARTO DE MIOCARDIO
Hoxe Manuela, alumna de 6º de primaria, quixo explicarnos en que consiste o infarto de miocardio. Se queredes escoitala, clicade no seguinte enlace
Grazas Manu por compartir con nós a túa investigación!
viernes, 5 de diciembre de 2025
3 DE DECEMBRO, DÍA DA DISCAPACIDADE
Hoxe, 3 de decembro, é un día moi especial no noso
calendario. Celebramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade,
un momento perfecto para lembrar que a
diversidade é o que nos fai únicos e ricos.
Este ano a nosa proposta de actividades versa sobre a importancia dos sentidos. Seremos capaces de atopar obxectos empregando só o tacto? E de utilizar o olfacto para descubrir olores? Atrevédesvos a descubrir quen ten a campaíña agochada? Toda unha experiencia sensorial onde poñeremos a proba aos nosos sentidos.
viernes, 28 de noviembre de 2025
NOVEMBRO, MES DA CIENCIA
martes, 25 de noviembre de 2025
LECTURAS COMPARTIDAS DO 25N
Hai datas no calendario que nos chaman a parar, a escoitar e, sobre todo, a reflexionar en comunidade. O pasado 25 de Novembro unímonos de novo para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, e fixémolo do xeito que mellor sabemos: a través da palabra, o respecto e as lecturas compartidas.
As historias teñen o poder máxico de poñernos na pel dos demais, de axudarnos a entender o mundo e de sementar os valores de igualdade e non violencia que queremos ver no futuro.



















