lunes, 23 de febrero de 2026

DÍA DE ROSALÍA

 Hoxe, 23 de febreiro é o día de Rosalía.

Para conmemoralo cada neno creou a súa propia chapa a partires do modelo que lles pasamos os profes. Quedaron chulísimas!







Tamén fomos á radio con Iker e Blanca, alumnos de 3º de primaria e leron o poema de "Adiós ríos, adiós fontes". Queredes escoitalos? Pois clicade no seguinte enlace: "Adiós ríos, adiós fontes"


                               

                             

viernes, 20 de febrero de 2026

EL LIBRO DEL MAR


Hoxe Ari, alumna de 2º de primaria, ensinaranos o ben que le. Para iso escolleu a lectura "El libro del mar". 

Se queredes escoitala, deberedes de clicar no seguinte enlace: El libro del mar

Desexamos que vos guste!

miércoles, 4 de febrero de 2026

EL COPO AZUL

 


A continuación poderedes escoitar a lectura do conto "El copo azul" de Valle, Xoel e Keyla. A través del trataremos de darlle visibilidade á importancia de aceptar a diversidade e ser conscientes do enriquecedora que é.

Se queredes escoitalo pulsade no seguinte enlace: El copo azul 

jueves, 18 de diciembre de 2025

CONTO DE NADAL




Para rematar o trimestre, Valle, Keyla e Xoel agasállannos a lectura dun fermoso conto de Gabriela Rubio a través do cal poderemos reflexionar sobre o consumismo e o enorme poder da nosa imaxinación. 

Se queredes escoitalo picade no seguinte enlace: Algo máis

Esperamos que vos guste!

BOAS FESTAS!!

lunes, 15 de diciembre de 2025

OS NENOS E NENAS DE SEGUNDO RECOMENDAN

 






estes días o alumnado de 2º de primaria subiu á radio para facer un podcast de recomendacións lectoras. 

Queredes escoitalas? Pois facede clic no seguinte enlace Recomendacións lectoras

MANUELA FALA SOBRE O INFARTO DE MIOCARDIO


 


Hoxe Manuela, alumna de 6º de primaria, quixo explicarnos en que consiste o infarto de miocardio. Se queredes escoitala, clicade no seguinte enlace

O INFARTO DE MIOCARDIO

Grazas Manu por compartir con nós a túa investigación!