viernes, 31 de enero de 2014

PAZ - 2014

Onte, día 30 de xaneiro, celebramos o Día da Paz.
Toda a semana estivemos traballando o tema da paz.

Fixemos lecturas relativas ao tema. Entre todos construímos un xigantesco arco da vella pola paz. Montamos, en cartoliña, a mensaxe da paz en varios idiomas, que logo enchimos de lemas e moitas cousas máis.
Como novidade, este curso, fixemos unha solta de pombas vivas que nolas proporcionaron, moi amablemente, os membros do Club Colombófilo "Mariñas Altas" de Narón.
Aquí vai, en fotos, un resumo da xornada.

1 comentario:

  1. Gústáme o arco da vella. Moi boa idea. Tomo nota. Unha aperta dende Pontedeume

    ResponderEliminar