lunes, 29 de septiembre de 2014

FESTA DA BENVIDA

O venres pasado celebramos a nosa tradicional "Festa da benvida". É a primeira toma de contacto con toda a comunidade educativa e unha ocasión excepcional para traballar as froitas do outono.
Grazas á colaboración das familias, puidemos facer unha exposición na entrada do colexio con froitas típicas desta estación. Ademáis, a partires das 13:00 pasámolo moi ben cos xogos tradicionais e por último puxémonos as botas co concurso de sobremesas.  Vai pinta que tiñan todas elas!! Que ricas!!!

O gañador deste ano foi Mario. Parabéns !!

Queremos aproveitar para agradecer a todas as familias a súa colaboración tanto para a exposición como no concurso de sobremesas.

Aquí vos vai un resumo do día.

No hay comentarios:

Publicar un comentario