jueves, 21 de noviembre de 2019

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA



O mes de novembro, é o mes da ciencia. 
Por iso, dende a biblio queríamos aportar o noso gran de area.

Ademáis de propoñer nas estanterías libros de ciencia, fixemos para educación infantil un experimento relacionado coas cores.


 
Que estaremos a argallar con estes materiais?? Se queredes sabelo, só tedes que continuar lendo...





O experimento levou por título " As cores que comparten" e tiña como obxectivo descubrir as cores primarias e as secundarias, a mestura de cores e a absorción e comunicación da auga entre os vasos de maneira que quedasen todos máis ou menos coa mesma cantidade. 

O proceso foi o seguinte:

Primeiro, precisamos 7 vasos transparentes colocados en ringleira. Posteriormete enchíamolos de auga de xeito alternativo (un sí, un non...)







Agora, ímoslle poñer un pouquiño de cor! Imos utilizar as cores primarias do seguinte xeito:
 Nos dous vasos dos extremos, botamos colorante vermello e nos outros dous que teñen auga, botamos amarelo nun vaso e azul noutro.








Agora precisamos axuda dos nosos pequenos/as. Temos que facer "churriños" de papel, que despois usaremos para comunicar os vasos cheos cos vasos baleiros.







Agora só falta que as cores comecen a falar e a compartir... Pero como leva un ratiño... que mellor maneira de esperar que contando un conto.

Contamos o conto "Pequeno azul e pequeno amarelo" que é moi propio para tratar o tema das cores, xa que resulta que  pequeno azul e pequeno amarelo cando se xuntan forman outra cor... 
Que cor será... Pequeno.....?? 
Verde!! Moi ben...




Cando rematamos de ler o conto... todos estábamos moi intrigados, pensando se ocorrería algo mentres esperábamos.
Chegou o momento de descubrilo...





As cores estaban comezando a mesturarse e os vasos cheos estaban compartindo a auga con aqueles que non tiñan nada.  

Despois dun anaquiño máis, xa estaban mesturados completamente. Así aprendemos a mestura das cores e tamén a importancia de compartir...
Este foi o resultado final!




No hay comentarios:

Publicar un comentario