lunes, 4 de noviembre de 2019

SAMAÍÍÍÍÍÍÍÍÍÍN!!!!!


Como sempre, por estas datas, no cole festexamos o samaín dun xeito monstruoso!!🎃🎃👻👻💀
Primeiro decoramos a biblio con teas de araña pegañentas, esqueletes divertidos, guirnaldas de pocións de ollo de tritón, morcegos e cabazas... E colocamos libros relacionados coa temática nas estanterías, ben á vista para o deleite dos máis atrevidos! 








Despois, puxemos un mural na entrada do cole con siluetas de cousas típicas do samaín e cambiamos a mesa temática.
Este mes, como non podía ser doutro xeito, adicámola ao MEDO, con títulos que foron todo un éxito como por exemplo "Monstruosa sorpresa", "Como mola a túa escoba" ou  "Mortiña e a curmán repugnante"... entre outros
























Tamén fixemos a tradicional exposición de cabazas, onde aproveitamos a tenebrosidade do salón de actos para poñer música de ambiente terrorífico e contar contos á luz das candeas das cabazas.
Foi un día terroríficamente divertido!!











No hay comentarios:

Publicar un comentario