lunes, 26 de abril de 2021

EXTRA!! EXTRA!! 📢📢 CONCURSO DE CÓMIC EN BIBLIORAMO!!💥💥

Estimadas familias: 

Dende biblioramo temos o pracer de convidarvos nos próximos días a participar nunha actividade que levamos un tempo preparando con  moita ilusión:

 A "I EDICIÓN DO CONCURSO DE CÓMIC DE BIBLIORAMO" 

Ao longo desta semana iremos dando a coñecer a actividade polas aulas pero podemos adiantarvos que: 

Este concurso dividirase en 4 CATEGORÍAS:

- Educación Infantil.

A 4º de educación infantil darémoslles un modelo de viñeta no que se terán que debuxar a eles mesmos coma se fosen unha personaxe de cómic.

A 5º e 6º de educación infantil darémoslles a escoller entre varios modelos de cómic xa elaborados e deberán inventar os diálogos dos bocadillos.

- 1º e 2º cursos de educación primaria.

Os nenos/as de 1º e 2ºpoderán escoller entre varios modelos que lles ofertaremos nos que terán que inventar os diálogos ou se queren tamén poderán inventar un cómic dende cero.

- 3º e 4º de educación primaria.

- 5º e 6º de educación primaria.

Os maiores (3º, 4º, 5º e 6º EP),  deberán elaborar un cómic de tema libre en A4 e mínimo unha páxina. 

Para facilitarlles o traballo, temos a gran sorte de contar cun video "titorial" que nos enviou Abel Alves (ilustrador/guionista de cómics da comarca do que vos falaremos nos próximos días). 

A data límite de entrega será o 13 de maio!!

Haberá un premio sorpresa para o gañador de cada categoría!  

Con todos os cómics que recibamos, faremos un libro que quedará na biblio para que todos/as poidades velo!  

Convidámosvos a participar con moita ilusión e lembrade que o máis importante e DISFRUTAR DEBUXANDO!!

Aquí tedes o cartaz coa información:  





No hay comentarios:

Publicar un comentario