“Jonan é un bárbaro
que vive no Norte dun mundo de fantasía.
Certo día alguén
entra na súa casa e esnaquiza as súas margaridas.
Jonan, moi enoxado, descobre
que tras ese acto de vandalismo está o “señor Escuro” que é unha criatura
malvada.
Para derrotala terá
que realizar unha viaxe na que se atopará cun montón de personaxes e vivirá
unha chea de aventuras moi tolas…”
Así, coa sinopse da súa nova historieta gráfica, preséntasenos Abel Alves.
Tivemos a gran sorte de poder contar cun debuxante e guionista coma el para
que nos explicase, de primeira man, os
aspectos básicos a ter en conta á hora de elaborar un cómic (tanto na parte de
guión como na de debuxo).
Pola complexidade dos conceptos, vímolo a partir de 3º de primaria e veunos
moi ben para o noso concurso.
De seguro que os nenos/as poderán seguir estes
fabulosos consellos para disfrutar debuxando o seu cómic."Ánimo, comiqueiros!"
E MIL GRAZAS, ABEL!!!😊
Aquí podedes ver o vídeo que nos enviou e a súa biografía, coa que poderedes comprobar que ten unha traxectoria do máis completiña:
Abel Alves (Ferrol 1981) é
guionista e debuxante de cómic, podcaster e deseñador ocasional de videoxogos.
Realizou os seus primeiros
traballos como humorista gráfico no diario “Galicia Hoxe”
Por motivos profesionais,
trasládase a Uruguay onde traballa coa revista Uruguaya “Lento”.
Como guionista, xunto co debuxante
Nahuel Silva, gaña o “Premio Fondo concursable para la cultura 2014” grazas á súa
historieta “Sangre y Sol”
Xa de volta en Galiza, publica en
España e Arxentina, a novela gráfica histórica “Aram el armenio” xunto á
debuxante Majox.
No 2017 coa participación do
Concello da Coruña publica “A tumba de Breogán”, novela gráfica ambientada no
século XIX na cidade da Coruña con personaxes como Eduardo Pondal, Emilia Pardo
Bazán ou Manuel Murguía.
No 2018, xunto co debuxante
Juan Caminador, publica a novela gráfica “Segunda Venida” coa que gañou o
premio Trillo ao mellor guión (Arxentina).
No 2019 foi participante na
XXII edición do salón de cómic “Viñetas desde o Atlántico” na que podíamos ver
unha exposición sobre os seus traballos como guionista.
Actualmente compaxina o seu
traballo como guionista de comic e audiovisual (colaborando puntualmente no
guión da serie da TVG “Serramoura”)
Aínda que normalmente as súas
obras son para público adulto, conta con dúas obras para público novo: A Tumba de Breogán (recomendada 13+) e “Jonan el bárbaro” (coa que comezamos esta
entrada)