O xoves visitounos Antonio Rodríguez Menéndez.
Antonio é mestre, actor, animador cultural, escritor e moitas cousas máis.
Estivo con nós, na biblioteca, durante dúas horas e nese tempo fíxonos mirar os libros e a súa lectura doutro xeito e, por suposto, conseguiu que as dúas horas pasaran sen darnos conta.
E tamén fíxonos rir un montón!!!
(Se queredes saber algo máis sobre Antonio e o seu traballo, tecleade o seu nome completo en calquera buscador e conseguiredes información dabondo).
No hay comentarios:
Publicar un comentario