domingo, 13 de enero de 2013

NADAL 2012: XOGOS (2ª parte)

Quedábanos por ver: as marionetas, "pasa zapato", as pompas de xabón, o taller de plastilina, os puzzles e o ben que o pasamos no ximnasio.

NADAL 2012: XOGOS (2ª parte)

NADAL 2012: XOGOS (1ª parte)

Para poder visualizalo mellor, as actividades do Nadal deste ano van en dúas partes. Aquí está a primeira.

NADAL 2012: XOGOS (1ª parte)

martes, 18 de diciembre de 2012

O NOSO BELÉN DESTE ANO...

... eche un tanto orixinal, non si? Acorde co noso proxecto do zapatiño.
A mula e o boi...
Despois das últimas novas, os pobres xa non saben que facer. Imos ou quedamos?

lunes, 17 de diciembre de 2012

OUTRA OLLADA

O xoves visitounos Antonio Rodríguez Menéndez.
Antonio é mestre, actor, animador cultural, escritor e moitas cousas máis.


Estivo con nós, na biblioteca, durante dúas horas e nese tempo fíxonos mirar os libros e a súa lectura doutro xeito e, por suposto, conseguiu que as dúas horas pasaran sen darnos conta.
E tamén fíxonos rir un montón!!!

(Se queredes saber algo máis sobre Antonio e o seu traballo, tecleade o seu nome completo en calquera buscador e conseguiredes información dabondo).

viernes, 14 de diciembre de 2012

HOMENAXE A CELSO EMILIO FERREIRO

O día 12, do mes 12, ás 12 horas, sumámonos á homenaxe a CELSO EMILIO FERREIRO que se celebrou en moitos colexios de Galicia.
Aquí está a sesión de recitado dalgúns dos seus poemas que fixemos na biblioteca.
Rematamos coa audición de "Irmaos", cantado por Fuxan os ventos.