lunes, 31 de marzo de 2014

AMADRIÑAMENTOS/APADRIÑAMENTOS

Aproveitando o tempo soleado fixemos os amadriñamentos/apadriñamentos do 2º trimestre.
Cada un/ha foi onde quixo e todo o colexio estaba cheo de madriñas, padriños, afillados, afilladas. Daba xenio velos!!!

Flor Durán's Slidely by Slidely Slideshow

jueves, 27 de marzo de 2014

EN ABRIL, LECTURAS MIL

Por fin xa temos listo, aínda que abert@s a calquera modificación necesaria, o calendario de lecturas de abril e maio.
Tod@s esperamos disfrutalas!!!

miércoles, 26 de marzo de 2014

ILUSTRADORES POR UN DÍA

Onte fumos ilustradores de contos grazas ás orientacións de IVÁN SUÁREZ que nos mostrou unha morea de "trucos" para dotar aos nosos personaxes  de emocións, sentimentos, movementos... Aprendimos un montón de cousas!!!

miércoles, 19 de marzo de 2014

NA SEMANA DE....

Durante este curso, os alumn@s de Ed. Infantil de 4 anos están levando a cabo unha experiencia moi chula. Co fin de coñecerse todos un pouquiño mellor, cada semana un deles é o protagonista e comparte con todos fotografías,os xoguetes que máis lle gustan, explica como é a súa familia,... Ademáis, convidamos aos seus pais a realizar durante esa semana unha actividade co grupo-clase, reforzando así as relacións familia-escola que tan importantes nos parecen.
Os papás estanse involucrado moito e están saíndo experiencias xeniais.
En concreto queremos ensinarvos esta por estar relacionada coa animación á lectura. Os pais de Carla e Jaime viñeron acompañados dunha amiga moi especial. Un esquío que lles contou aos nen@s o conto de "Las ardillas y el optimismo". Queredes ver algunhas fotiños? Pois aquí vos van!!
REBECA BLANCO's Slidely by Slidely Slideshow

miércoles, 12 de marzo de 2014

MARATÓN DE LECTURA

O luns, día 10, participamos no XIV Maratón de Lectura organizado polo Concello para celebrar o Día da Muller.
Ao final das lecturas, agasalláronos cun diploma e unha flor para cada profe.
Sempre o celebramos na biblioteca, pero este ano foi no salón de actos por problemas organizativos. Unha mágoa!
Aquí vos deixo unhas fotos do acto.


viernes, 7 de marzo de 2014

PREPARANDO ABRIL

Saíron hoxe para as casas as cartas nas que invitamos a todos os membros das familias a celebrar o MES DO LIBRO E A LECTURA cunha lectura na biblioteca.
Esperamos que nesta ocasión respondades, como menos, tan ben coma no curso pasado.
MOITAS GRAZAS DE ANTEMÁN!!!

jueves, 6 de marzo de 2014

QUEIMA DO MECO

Como todos os anos, á volta das vacacións do Entroido, despois de ler os cargos que atopamos contra "THE CORRUPTOR"e de ler o seu testamento, procedimos a condenalo a morrer queimado.
E así se fixo.

Aquí está el moi fachendoso, escoitando os cargos e a sentencia.

Atopámolo culpable e condenámolo.




domingo, 2 de marzo de 2014

ANTROIDO 2014

Por fin o día grande do Antroido!!! Para isto estivemos ensaiando toda a semana. Non quedou de todo mal. Déixovos unha selección de fotos. 
Disfrutade do Antroido, se o tempo o permite!!!

ANTROIDO 2014 by Slidely Slideshow