viernes, 24 de noviembre de 2017

25N- DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Neste día, queremos facer visible o noso rexeitamento a calquera tipo de violencia. Para iso, elaboramos entre todos un mural no que os máis peques estamparon as súas mans e o alumnado de primaria encheino de post-it nos que convidaban a loitar por un mundo de igualdade, de cidadáns libres e, en definitiva, por un mundo mellor.

Queredes ver o resultado?











Por último, deixámosvos a continuación o traballo levado a cabo por oito alumnas de 3º da ESO do IES de Cacheiras gañadoras do primeiro premio do certame Quero Cantar, promovido pola Deputación da Coruña, co tema “Son muller”.


O grupo, “Máis boas cás patacas”, transmite unha mensaxe reivindicativa sobre a procura da igualdade de xénero fundamentada nos valores de fortaleza, liberdade, resistencia e independencia das mulleres.


Adicádelle uns minutiños, merece a pena.


jueves, 23 de noviembre de 2017

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Dende a biblio queremos aportar o noso graíño de area para traballar temas que nos parecen sumamente importantes: a igualdade e a prevención contra a violencia de xénero.

Temos varias propostas de traballo centradas nos seguintes contos: "Iriña bailarina", "Arturo e Clementina", "Rosa caramelo", "¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?" e "El príncipe Ceniciento".

Iriña bailarina




 Arturo y Clementina





Rosa caramelo





¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?




El príncipe Ceniciento

sábado, 4 de noviembre de 2017

XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN COA DIVERSIDADE FUNCIONAL






Comezamos as nosas xornadas de sensibilización coa diversidade funcional cuns convidados moi especiais.

Ana Riaño, veu dende Cantabria cos seus inseparables compañeiros de traballo, dous cans de auga, Suri e Nala. Ana ensinounos como estes cans axudan nun centro de educación especial na intervención con moitos alumnos con diversidade funcional.
Despois tivemos a sorte de experimentalo co noso alumnado.
A experiencia foi un éxito!!
Se queredes ver un pequeno resumo fotográfico da xornada podedes facelo no seguinte enlace:

REPORTAXE FOTOGRÁFICA

jueves, 2 de noviembre de 2017

SAMAÍN

É tempo de cabazas e de contos de MEEEDO!!










Martín e María leron un conto aos peques do cole moi apropiado para estas datas: "Corre, corre cabaciña".



Tamén grazas á colaboración das familias fixemos unha exposición baixo o lema "E ti, a que tes medo?"