lunes, 29 de abril de 2024

CHARLAS AFECTIVO-SEXUAIS PARA FAMILIAS E PROFES

 


Hoxe tocou formación para familias e profes.

Unha vez máis, contamos con Paula Cajide para trata este tema que tan importante nos parece.

Nesta sesión, centrouse fundamentalmente en como tratar a sexualidade en función da etapa evolutiva onde se atopan os nosos fill@s/alumn@s.

Moitas grazas Paula por esta formación tan interesante!

viernes, 26 de abril de 2024

SEGUIMOS CON LECTURAS COMPARTIDAS










Seguimos coas lecturas compartidas!

Grazas a Margarita, nai de Luciana, e a Berta, nai de Thiago e Carla, por compartir con nós o voso tempo e participar nesta fermosa experiencia.

jueves, 25 de abril de 2024

LECTURAS COMPARTIDAS COAS FAMILIAS

Hoxe, a avoa de Blanca de 2º estreou as lecturas compartidas deste curso. 

Se ainda non vos anotáchedes animádevos a participar. É unha experiencia moi chula e normalmente quen a proba repite.

Moitas grazas Mercedes por participar nesta actividade!




miércoles, 24 de abril de 2024

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Hoxe, Día do libro, que mellor maneira que festexalo cuns apadriñamentos lectores! 
Bo tempo, unha manchea de libros e novos vínculos de amizades entre grandes e pequenos. 
É que se pode pedir algo máis?
Este día déixanos imaxes tan fermosas como as que podedes ver a continuación.

   

 FELIZ DÍA DO LIBRO!!

jueves, 18 de abril de 2024

TALLER DE PAPIROFLEXIA

Hoxe no recreo tocou taller de papiroflexia coa nosa mestra Keshly de 2º de primaria. Grazas a ela, que nos explicou paso a paso a actividade, puidemos elaborar unhas fermosas caixiñas de papel. Moitas grazas Keshly!!

miércoles, 17 de abril de 2024

PASANDO A BÓLA. XOGANDO PARA CAMBIAR






Hoxe, todo o alumnado do cole asistiu a un obradoiro sobre o acoso escolar, "Pasando a bóla".

Esta actividade que ofrece un enfoque innovador para abordar o bullying e fomenta a participación activa da comunidade escolar na creación de solucións. A través do xogo teatral, a audiencia non só toma conciencia da problemática, senón que tamén se converte en axente de cambio, construíndo xuntos unha resposta colectiva que promove un ambiente escolar máis seguro e respectuoso.

Neste encontro con Celtia Figueiras, autora do libro "A banda dos insectos", coa colaboración do alumnado voluntario de 4º, 5º e 6º de primaria como actores e actrices, traballamos sobre escenas construídas especialmente para representar as diversas manifestacións do acoso escolar. Trala presentación destas esceas, todo o alumnado converteuse en parte activa do proceso, aportando solucións aos comportamentos observados, encarnando e mostrando tamén as novas solucións propostas como parte da actuación.