miércoles, 9 de marzo de 2016

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA


Onte, o alumnado de 3º, 4º e 5º de primaria asistiron, como en anos anteriores, á biblioteca do concello para participar na actividade de Fene lendo a mulleres.


Por outra banda, o alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria, xuntáronse na biblio do cole para escoitar o conto "O país dos mandóns".

SEMANA DA PRENSA



Esta semana celebramos a Semana da prensa.
Na entrada do cole tendes unha exposición con xornais de todo o mundo.
Non perdades a oportunidade de curiosear cómo se escribe en países cunha lingua diferente á nosa!!

jueves, 3 de marzo de 2016

ENTREGA DE CARTAS DA SEMANA DO AGARIMO




Hoxe por fin rematamos de repartir as desexadas cartas da Semana do Agarimo.
A actividade tivo moito éxito xa que se escribiron máis de 200.
Aos que non participáchedes animámosvos a facelo o ano que ven.
A todos nos gusta que as persoas que nos queren nos adiquen unhas palabriñas!!