sábado, 10 de diciembre de 2011

SABEDES CALES SON AS FUNCIÓNS D@S AXUDANTES DA BIBLIO?

Como sabedes, o curso pasado comezaron @s axudantes de biblioteca. Son nenos e nenas de 5º e 6º de primaria que de forma voluntaria axudan ás nosas bibliotecarias. Queredes saber cales son as súas funcións?


INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

O pasado xoves, @s alumn@s de 3º de primaria sorprendéronnos cunha obra de teatro titulada "La fea durmiente".
Fixérono xenial e desfrutamos moito con ela. Parabéns rapaces!!

sábado, 15 de octubre de 2011

DE QUEN SERÁ ESTA CARTA TAN ESPECIAL?

O venres pasado recibimos a carta de alguén moi especial. De Cascabel, a nosa mascota da biblio. Este verán decidiu que quería viaxar polo mundo e marchou de vacacións a un país estranxeiro. Con ela ao longo do curso aprenderemos moitísimas cousas sobre ese país. Polo de agora enviounos coa súa carta un pequeno agasallo para darnos unha pista. Unha bandeira!! Seguro que xa sabedes por onde anda a nosa bolboreta aventureira!

VOLTAN AS MOCHILAS VIAXEIRAS!!

Un curso máis, comeza a andaina das mochilas viaxeiras polas casas dos nenos e nenas do noso cole. Tratádeas ben para que queden con ganas de voltar ás vosas casas!

sábado, 18 de junio de 2011

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

Recomendacións para infantil:


Recomendacións para o 1º ciclo de primaria:


Recomendacións para o 2º ciclo de primaria:


Recomendacións para o 3º ciclo de primaria:

jueves, 16 de junio de 2011

RAPEAMOS CON ROSALÍA DE CASTRO




Estes días, tivemos a sorte de ter entre nos a un gran músico, Jose Carballido. Onte sorprendeunos cos seus alumn@s de 1º de primaria cun rap baseado nun poema de Rosalía de Castro do libro de Follas Novas.

Aquí vos vai o vídeo. Fixérono xenial. Parabéns!!
Se queredes saber máis sobre Jose ou coñecer algunha das súas cancións podedes facelo no seguinte enlace:

http://www.josecarballido.com/inicio.html


martes, 14 de junio de 2011

ADEUS A XOÁN FARIAS




O pasado sábado faleceu o escritor ferrolán Xoán Farias, considerado como un dos nomes máis importantes no panorama da literatura española infantil e xuvenil.
Entre as súas obras destacan títulos como Los niños numerados, Los buscadores de agua, Algunos niños, tres perros y más cosas, Los pequeños nazis del 43 ou Crónicas de media tarde: Años difíciles, Cuarenta niños y un perro, El barco de los peregrinos, Pan por tierras llevar ou El guardián del silencio.
Este ano, as bibliotecas escolares dos centros públicos de Ferrolterra, fixémoslle unha pequena homenaxe adicándolle o Día do Libro Infantil e Xuvenil. No noso cole traballamos co seu libro "Desde o corazón da mazá".

jueves, 9 de junio de 2011

PREMIOS DO CONCURSO DO DÍA DA NAI

Por fin, o pasado luns repartimos os premios do concurso "A miña nai é a mellor do mundo". Se queredes ver os traballos gañadores só tedes que prestar atención á seguinte presentación.

miércoles, 1 de junio de 2011

A INSOPORTABLE LEVEDADE DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS

Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no  Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:
A insoportable levedade das bibliotecas escolares galegas


Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente  de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristalizou na  iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que dende hai algúns anos,  esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes  en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son  seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.
Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos  incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada  centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?. O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino  xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro  será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propria Consellería a que nos invisibiliza?

Colectivo dos equipos das bibliotecas escolares integradas no PLAMBE (Plan
de Mellora das Bibliotecas Escolares Galegas)

ANIVERSARIO DO CLUBE ECOLÓXICO BOLBORETA



Días atrás, co motivo do 20 aniversario do clube ecolóxico Bolboreta, estivo no cole Antón Nuñiz.Con el aprendimos moitísimas cousas das árbores autóctonas que temos ao noso arredor. A continuación ofrecémosvos a posibilidade de volver a ver a presentación que nos fixo. Moitas grazas Antón por permitirmos desfrutar unha vez máis deste gran traballo.


Logo, César, o noso dire, agasallou a cada clase cunhas carpetas con xogos e información sobre o noso entorno.



Por último plantamos dúas árbores e inauguramos a placa do clube.

miércoles, 25 de mayo de 2011

SALVAMENTO DE LIBROS

Por fin xa podemos sacar os libros galegos dos nosos escondites segredos, xa poden voltar aos seus andeis da biblioteca. A policía colleu ao monstro comelibros. Estaba sentado no banco dun parque morto de fame, porque grazas ao traballo d@s nen@s non atopaba nin unha soa palabra galega que comer.
A continuación mostrámosvos unha pequena escolma dos libros salvados polos nen@s dos coles galegos.

LIBROS SALVADOS POLOS COLES DE INFANTIL E PRIMARIA


LIBROS SALVADOS POLOS INSTITUTOS

sábado, 21 de mayo de 2011

VISITA DE XOÁN GARCÍA

O venres pasado visitounos Xoán García e unha amiga súa moi especial, Faragulliña. Primeiro Xoán García contounos como fora a súa vida e contestou amablemente a tódalas preguntas que se lle fixeron. Despois Faragulliña relatounos un pequeno conto que Xoán lle contou xa fai moito tempo. Por último acompañáronnos ao Camiñante e depositamos dous libros na súa biblioteca pública. Para rematar Xoán adicounos unha poesía.

DE VOLTA AO COLE

O pasado mércores @s antigos/as alumnos/as visitaron o cole para apadriñar/amadriñar aos nenos/as de infantil. A experiencia foi un éxito!!



martes, 10 de mayo de 2011

O DÍA 17 DE MAIO CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Este ano, o día das Letras Galegas adícase a Lois Pereiro. Aquí vos van algunhas páxinas que vos poden resultar de intertese.

http://gl.wikipedia.org/wiki/Lois_Pereiro

http://www.diadasletrasgalegas.com/homenaxeado/lois-pereiro_2011

http://seminariogalan.org/inicio/portada

http://loispereiro.blogaliza.org/

http://pequespazos.blogspot.com/search/label/LOIS%20PEREIRO

ESTE VENRES VISÍTANOS XOAN GARCÍA


Xoán García López naceu en Barallobre (Fene) en 1942 e vive en Neda desde 1964. Foi traballador de Astano. Remata a súa vida laboral na empresa Endesa das Pontes de García Rodríguez.
En Holanda comezou a escribir poesía e colaborou en varias entidades daquel fermoso e acolledor país. Alí foi colaborador do xornal (da emigración) La Región.
De volta a Galicia, en Neda, foi cofundador de A.VV. Vila de Neda, sendo responsable da revista “Voceiro da Vila” e participou como voz na rondalla “Lucero del Alba”.
Desde o ano 1983 e ata o ano 2003 foi concelleiro de Neda, levando case sempre a área de cultura.
Organizou e participou en varios ciclos poéticos-musicais e recitais de poesía. O grupo folk Zoar do Vento ten musicados unha ducia dos seus poemas. Gañou o premio de poesía Pérez Parallé en dúas ocasións (1996 e 1998). Actualmente colabora con varias revistas culturais e escribe os seus artigos en "La Ventana", do Diario de Ferrol.
Ten editados varios libros:
Poesía.- “Os catro tempos” e “Arado de Pau” (1966) recollidos no libro “Ao pé do río Belelle”; Maríaneda (1998); “Poemas da beiramar” (1999); “Buxaina de sentimentos” (2000); “Voz” (2001); “Abonda coas palabras” (2003); "Ronsel de lúa espida" (2005).
Literatura infantil.- “Ameixa Fina e Patexo” (2000); “Faragullina” (2002)
 Narrativa.- “Leite callado”, obra curta, adaptada ao teatro por Carlos Basoa co título de “O avó”.

viernes, 29 de abril de 2011

A MIÑA NAI É A MELLOR DO MUNDO

Como sabedes, o vindeiro domingo é o día da nai. Para celebralo dende a biblioteca propoñémosvos un concurso.
Contádenos por que a vosa nai é a mellor do mundo!!
*As imaxes coas que fixemos esta presentación foron sacadas da galería de Google.

viernes, 22 de abril de 2011

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

Como ben sabedes, mañá, sábado 23 de abril, é o día do libro. Para celebralo fixemos unha pequena presentación. Esperamos que vos guste.

viernes, 15 de abril de 2011

ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

Os pasados días 7 e 8 de abril reuniuse en Santiago o profesorado responsable  das bibliotecas  integradas actualmente no PLAMBE. A pesar de que só puido asistir unha persoa por centro, ofrecéusemos a posibilidade de seguir os encontros en directo a través da páxina de bibliotecas escolares da Xunta de Galicia.
Estes encontros son moi enriquecedores xa que nos permiten compartir experiencias, ideas e, en definitiva, enriquecer a nosa práctica diaria.
Todos os relatores e as distintas actividades foron dunha calidade excelente, pero....INSUPERABLE O REMATE CON NEIRA  VILAS!!!
Os materiais dos encontros (presentacións dos relatores, información adicional, etc, así como o material audiovisual) están xa dispoñibles no espazo moodle habilitado ao que se pode AQUÍ entrar como convidado.

lunes, 11 de abril de 2011

QUEREDES TER UN AFILLAD@?ATENT@S AO QUE VOS PROPOÑEMOS

XA TEMOS OS GAÑADORES DO CONCURSO "P DE PAPÁ"

Se queres ver os debuxos gañadores do concurso "O p dos papás do Ceip O Ramo" atende á seguinte presentación.

Aquí poderás ver os debuxos de todos os nen@s do cole. Todos están xenial!!

A RAÍÑA DA NOSA BIBLIOTECA FOI DESTROADA!!

O venres, Antía, a raíña da nosa biblioteca, foi destroada por un gran león. Chegou Carlos de 3º ruxindo con moita forza e devorando tódolos libros que atopou polo seu camiño. Así que xa temos novo rei na biblioselva. Quen se atreverá a destroalo?

lunes, 4 de abril de 2011

... E OS LIBROS REBELÁRONSE


Con estes días tan soleados non apetece nada estar pechados na biblioteca. Os libros tamén temos dereito a saír ao patio!!!
Por iso, Cascabel, que ten solución para todo, preparounos un carriño para sacarnos de paseo e poder gozar cos nen@s destes marabillosos días de sol.
Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
This free picture collage made with Smilebox

sábado, 2 de abril de 2011

viernes, 1 de abril de 2011

CASCABEL INFORMA

O día 2 de abril  celébrase o Día do Libro Infantil e Xuvenil

O día 2 de abril celébrase o Día do Libro Infantil e Xuvenil, co obxectivo de conmemorar un célebre aniversario: o nacemento de Hans Christian Andersen, o pai das historias infantís tan sorprendentes como: "O parruliño feo", "O soldadiño de chumbo", "O traxe novo do emperador", "A sereíña" e outros moitos contos que leron, len e lerán @s nen@s de hoxe e de sempre.

Aquí vos van algúns enlaces para coñecer máis sobre el e os seus contos:

jueves, 31 de marzo de 2011

DENDE A PÁXINA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES FELICÍTANNOS POLO RECUNCHO DE PAIS/NAIS


Dende a páxina da Xunta de Galicia "Bibliotecas escolares de Galicia" dannos a noraboa por ofrecer un espazo onde as familias poidan ler mentras esperan polos seus fillos/as.

Preme aquí para ler o artículo alusivo e animádevos a utilizar dito espazo.

viernes, 18 de marzo de 2011

FENE LENDO MULLERES

Hoxe, os alumn@s de 2º,3º,4º,5º e 6º fomos á biblioteca do concello e participamos no acto "Fene lendo mulleres". Cada nen@ levou preparada unha lectura: un conto, unha poesía ou un pequeno texto de elaboración propia. As nosas familias poideron escoitarnos pola radio.

martes, 15 de marzo de 2011

O "P" DOS PAPÁS DO CEIP O RAMO

O vindeiro día 19 de marzo celebramos o día do pai.Dende a biblioteca recomendamos a lectura do libro "P de papá" para mostrarlle ao noso alumnado todas esas pequenas accións que diariamente facemos cos nosos papis e que nos fan tan felices!!
Apoiándonos neste libro propoñemos un concurso onde teredes que contarnos o que facedes co voso pai a través dunha palabra e un debuxo.

Participa e presume de pai!!

viernes, 11 de marzo de 2011

CAMBIO DE LOOK NA BIBLIOTECA

A nosa biblio está cambiando de look. Estes días andiveron os pintores por aquí. Temos unha biblio laranxa!! Atentos porque proximamente haberá algún cambio máis.Esperamos que vos gusten.

QUERES COÑECER A HISTORIA DO LIBRO?

Durante este mes temos na entrada do colexio unha exposición sobre a evolución do libro ao longo dos séculos.
            Animádevos a visitala. Seguro que descubriredes cousas moi interesantes !!!

Dende aquí agradecemos ao IES Fernando Esquío deixarnos desfrutar desta marabillosa exposición.


lunes, 28 de febrero de 2011

CHEGAN OS AXUDANTES Á BIBLIOTECA



Hoxe comezaron o seu traballo os axudantes de biblioteca. Mirade como traballan. Parecen auténticos profesionais!!

Os luns e os venres, na hora do recreo, os alumnos/as do terceiro ciclo axudarannos na biblioteca. Como temos tantos interesados en participar, irán rotando cada 15 días. Así todos poderán probar a experiencia.

jueves, 24 de febrero de 2011

XA SABEMOS QUEN É A MÁIS LEONA DO COLE

Antía Ameneiro Ameneiros é a raíña da nosa selva de libros. É unha leona!!
León
View more webinars from Paula
Queremos axudarvos a ser uns grandes leóns e ... Quen sabe! Tal vez poderedes destroar á nosa actual raíña. Para facelo ímosvos dar a tod@s unhas cartillas de bibliopuntos. Cada vez que participedes nun dos concursos que plantexamos dende a biblio ou cada vez que levedes un libro/peli e cubrades unha ficha de lectura darémosvos un bibliopunto. Con 9 bibliopuntos conseguiredes un agasallo.
Animádevos, hai un esperándovos na biblioteca!!
As fichas de lectura conseguirédelas na biblio. Se queredes botarlles unha ollada, premede nos seguintes enlaces:
Ficha de lectura para infantil
Ficha de lectura para primaria.

miércoles, 16 de febrero de 2011

ESTE ANO ESTREAMOS RECUNCHO DE LECTURA PARA PAIS/NAIS




Estimados pais/nais:

Este ano puxemos en marcha o “Recuncho de lectura para pais/nais”. Está situado en fronte a secretaría. Alí podedes atopar: revistas, libros, xornais, películas…

Proximamente poñeremos un buzón no que agardamos con gran interese as vosas opinións e suxerencias.
Así que, se chegades cedo cando vides buscar aos rapaces, animádevos a utilizalo!!
Lembrámosvos  que a biblioteca é un espazo aberto para toda a familia. Vós tamén podedes facervos socios/as. Podedes vir a solicitar o voso carné no recreo de 12:05 a 12:30 h.


Ademáis, dispoñemos de tres ordenadores que están ao voso servizo. Podedes vir todas as tardes de 16:30 a 18:30 h.

      Tamén recordade que calquera consulta que teñades sobre as actividades que se fan no centro podédela
      realizar na nosa páxina web. A direción é: http://www.centros.edu.xunta.es/ceiporamo/
    
      Facede da vosa espera un intre máis agradable!!

                         Un saúdo e boas lecturas

sábado, 12 de febrero de 2011

RECOMENDACIÓNS DE NADAL




No Nadal quixemosvos axudar a escribir a carta aos Reis e démosvos algunhas suxerencias de libros que están moi ben. Se queredes recordar algún dos títulos só tedes que premer nos seguintes enlaces:

Tríptico de recomendacións para Educación Infantil.

Tríptico de recomendación para o 1º ciclo de Primaria.

Tríptico de recomendación para o 2º ciclo de Primaria.

Tríptico de recomendación para o 3º ciclo de Primaria.

AS NOSAS PORTAS

Este curso continuaremos coa decoración das portas do cole. A continuación amosámosvos o proceso e o resultado da decoración das portas do primeiro andar. A temática foi sobre os contos infantís.
Este curso no segundo andar a temática a traballar é a ciencia.

viernes, 11 de febrero de 2011

UN ANO MÁIS OS LIBROS VAN DE VACACIÓNS Á CASA DOS NEN@S

O curso pasado iniciamos a actividade das mochilas viaxeiras en primaria. Este ano comezaron a súa andaina no mes de outubro tanto para primaria como para infantil. A continuación, mostramos o material e documentos que se inclúen en cada mochila.
Se queredes ver as fotos da entrega das mochilas pinchade aquí.





lunes, 7 de febrero de 2011

PICNIC DE LIBROS


Comezou o curso e as nosas cabeciñas xa estaban famentas de novas historias!! Na biblioteca preparáronnos unhas cestas para ir de picnic aos sitios máis incribles onde nos poden levar os libros.
Hai catro cestos cada un dunha cor diferente: un para infantil de cor laranxa, un para 1º ciclo de primaria de cor verde, un para 2º ciclo de primaria de cor lavanda e outro para o 3º de cor amarelo.
A continuación tedes o contido das cestas por temáticas.


O MÁIS LEÓN

O vindeiro mércores, na hora de ler, xuntarémonos todos na biblioteca para descubrir quen é o máis león do colexio.

viernes, 4 de febrero de 2011

CUPIDO NON ENTENDE DE IDADES.

Chega o mes de febreiro e con el ven San Valentín. Dende a biblioteca convidámosvos a participar nun concurso ...

San Valentín
View more webinars from Paula.

Se queredes coñecer os traballos gañadores premede na seguinte presentación.

BENVIDOS E BENVIDAS


Ola a todos!! Hoxe estreamos o noso blog de biblioteca. Estes días publicaremos traballos e actividades que, aínda que as fixemos no trimestre, pasado parécenos interesante recordar.