miércoles, 23 de febrero de 2022

RECITAMOS A ROSALÍA

Hoxe, para celebrar o Día de Rosalía, elaboramos un pequeno vídeo cos nenos de todo o cole recitando algunhas das súas poesías.

   

Tamén ao longo da semana limos poesías e ilustrámolas. O resultado deste traballo quedará recollido nun libriño que atoparedes na biblioteca.

3º MANDATO

Imos a polo terceiro mandato!! Recordade, son acumulativos así que mañá deberemos traer gorro, un zapato diferente en cada pé e...

23 de Febreiro- Ilustracións sobre os poemas de Rosalía

 O día 23 de Febreiro conmemórase o día de Rosalía de Castro.

Grazas a participación de profes e alumnos, cada grupo traballou sobre un poema de Rosalía, saíndo como resultado estas ilustracións...

Esperamos que vos gusten! 



















martes, 22 de febrero de 2022

Hoxe tivemos unha sorpresa moi especial. David Picallo, un antigo alumno do cole, sorprendeunos coa súa visita. Ademáis agasallounos con dous libros para a biblio elaborados na imprenta na que traballa actualmente. Alegrámonos moito e desexámoslle moita sorte nas súas andanzas. 
Moitísimas grazas David por acordarte de nós! 
Da gusto ver como os nosos peques medran e se fan maiores!

2º MANDATO

Imos hoxe a polo segundo mandato!

1º MANDATO

Xa chegou o entroido! Xa temos ao señor Zampullón na entrada do cole cos seus mandatos. Sabedes que é o que nos pide para mañá? Pois atendede ao vídeo!


viernes, 11 de febrero de 2022

23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

O día 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro.

Para que a coñezades mellor deixámosvos unha pequena biografía sobre ela.


martes, 8 de febrero de 2022

BAILE DA PAZ DE MAMÁ CABRA

Os máis peques do cole estiveron preparando na clase de música o baile da Paz de Mamá Cabra e  sorprendéronnos con este vídeo tan chulo.

A que o fixeron moi ben?

jueves, 3 de febrero de 2022

MESA DE NOVIDADES

 

Ola amiguiños!

Xa tedes á vosa disposición unha moera de novidades que esperamos que vos gusten.

Entre outros títulos podedes atopar: Guía interactiva el cuerpo humano, 101 imágenes del mar, Paxaro amarelo, 10 ideas para superar el racismo, Que teñen que ver as vacas co cambio climático, Cómo ser autista, Zampamiedo, El desierto.

Tamén repetimos algúns títulos que vemos que teñen moito éxito. Así podedes collelos varios nenos á vez!




Queremos aproveitar para agradecer á ANPA a doazón de libros que fixo estes días. Estamos seguros de que tamén lles sacaremos moito proveito. En nada terédelos xunto ao resto de novidades.



Felices lecturas!!