martes, 23 de marzo de 2021

Traballiños das aulas polo 8 de marzo!

 Como xa sabedes, o 8 de marzo conmemoramos o día da muller. Aquí podedes ver outro dos exemplos que se traballou nas aulas.

Neste caso, biografías sobre mulleres e frases que dixeron. Ao rematar, fixeron un libriño con todas elas.

Saíron cousas tan bonitiñas como estas:

 













Traballiños das aulas polo 8 de marzo!

Como xa sabedes, o 8 de marzo conmemoramos o día da muller e dende as aulas tamén se traballou con ideas chulísimas como estas que podedes ver aquí:

Primeiro unha na que os nenos/as cun so folio, unha doblez e un corte nun lugar específico, conseguían facer un libriño chulísimo. Despois, tiñan que colocar as pegatinas de mulleres no lugar correspondente. Así de chusquiño queda:

 

Documento orixinal

Pegatinas para colocar no seu sitio

Libriño rematado


 

miércoles, 17 de marzo de 2021

O CIENTÍFICO ÓSCAR TEN MOITO QUE CONTARNOS... 🦠🦠🔬🧬💉

Para rematar coas actividades sobre o "Aniversario do Estado de alarma", tivemos a grandísima sorte de contar cun marabilloso científico: Óscar Teijido.

Óscar é un biólogo ferrolá de nacemento que estudou en Barcelona e é doutor en neurobioloxía, bioloxía molecular e bioloxía celular.

Cando rematou, decidiu seguir ampliando os seus coñecementos no seu campo e na súa paixón: A investigación.

Para iso, mudou durante 9 anos aos Estados Unidos (Nova York e Washington) onde traballou en colaboración cos Institutos Nacionais de Saúde do país.

Despois deses 9 anos, a morriña apretaba e tras unha oportunidade de voltar a España, regresou.

Agora, segue como investigador en Navarra nun campo interesantísimo e de seguro, con moito futuro: A epixenética clínica e farmacogenómica (que consiste en proporcionar tratamentos personalizados segundo os perfís xenéticos das persoas) 

Pois Óscar invertiu parte do seu tempo en facernos esta explicación con toda a ilusión do mundo. Nela cóntanos que é un virus, que é unha vacina, cómo funciona o noso sistema inmune... 

Aínda que é un tema complicado de explicar, Óscar adaptouno fenomenalmente ben a todas as idades (puxémolo en toda a primaria) e os nenos/as o recibiron de moi bo agrado e estiveron atentos/as en todo momento.

Pese a que estaba un pouco nervioso porque era a primeira vez que facía un vídeo para nenos, nós cremos que o fixo fantástico e estamos súper orgullosos coa súa aportación.

MOITAS GRAZAS ÓSCAR!!!!

Aquí podedes ver  algunhas fotiños das proxeccións nas aulas.



1º EP

1º EP



1º EP


2º EP

2º EP






3º EP

3º EP

4º EP

4º EP

5º EP

5º EP




6º EP

6º EP





martes, 16 de marzo de 2021

Que é poesía? "Poesía es ti"

Estimadas familias:

Aproveitando que o mes de marzo conmemoramos o mes da poesía, dende a biblio queremos propoñemos unha actividade chamada : “Poesía es ti”

Consiste en gravar  un vídeo no que os nenos/as, familias… saiades recitando unha rima, poema, adiviña, refrán… Pode ser que xa existan ou de elaboración propia.

Con todos eles, faremos unha montaxe que compartiremos nas redes do centro.

O prazo para presentalos é ata o 26 de marzo e podedes envialo ao correo da biblio: biblioramo@gmail.com

ESPERAMOS OS VOSOS VÍDEOS!!  ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR

MOITAS GRAZAS E APERTAS BIBLIOTECARIAS!

                                                                                                                O equipo de Biblioteca

MásLeer

                                                                                          

lunes, 15 de marzo de 2021

AGRADECEMENTO INFINITO AO PERSOAL ESENCIAL! 💓💙💚💛💜


Onte comezábamos esta conmemoración sobre a declaración do "Estado de alarma" co conto marabilloso elaborado polos nenos/as de 1º de Educación Primaria.

Continuamos hoxe coa conmemoración. Esta vez, cun vídeo no que agradecemos a todo o persoal esencial que estivo e segue estando ahí dando o mellor de sí mesmos para poder superar esta pandemia.

Fixémolo con  todo o agarimo, respecto e agradecemento do mundo! 

Esperamos que vos guste.

 

 

domingo, 14 de marzo de 2021

ESTADO DE ALARMA!! XA VAI UN ANO!! 📣 📣

Hoxe fai un ano dende a declaración do estado de alarma en España.

Nese momento aínda non sabiamos moi ben o que pasaba, sabiamos que había un virus que nos estaba a poñer en perigo e pouco a pouco fomos tendo máis información.

Un ano despois, dende biblioramo conmemoraremos este momento tan "histórico" con diversas actividades relacionadas coa pandemia que compartiremos nos próximos días.

Comezamos cun conto gravado polos nenos/as de 1º de EP en teatro de sombras. Pasámolo xenial e quedou a mar de chusquiño.

Aquí podedes velo:




viernes, 12 de marzo de 2021

Booktuber Sofía recomenda...

 

 Hoxe Sofía recoméndanos... PRINCESAS DRAGÓN. EL MISTERIO DEL HUEVO DORADO.

Grazas, Sofía! 👏📖😊

 
 

lunes, 8 de marzo de 2021

MENSAXE DE MERCEDES PEÓN PARA AS NENAS/OS 💜 💜 💜

Con motivo do día 8 de marzo, no que conmemoramos o día da muller, dende a biblioteca en colaboración coa área de música, tivemos a grandísima sorte de contar cunha muller moi salientable no mundo da música tanto a nivel nacional como internacional.

Falamos nada menos que de Mercedes Peón: compositora, directora de banda, empresaria...

Mercedes leva toda unha vida adicada á música e á experimentación das posibilidades sonoras pero sen esquecer as súas raíces tradicionais.

Partindo de algo tan pequeno e fermoso como unha pandeireta chegou, a través de grande esforzo, moita experimentación e entrega a ter unha brilante carreira que a coloca entre as grandes da música.

É loitadora, apaixonada da música e do seu traballo e non dubida en esforzarse ao máximo para dar o mellor dela mesma.

É unha grandísima música pero aínda máis, mellor persoa.

Tanto é así, que ela mesma sacou un ratiño da súa axetreada vida para enviarnos unha marabillosa mensaxe na que, entre outras cousas, dicía fermosas palabras como:

"Todo está por escribirse"

"Non vos sintades encaixadiñas no que se supón que debedes ser"

"Todo é tentar facer e facelo" ou

"Podedes ser o que queirades nesta vida"

 

MOITAS GRAZAS!!!💜 💜 💜


 

Aquí podedes ver algunhas fotos da proxección nalgunhas aulas.

 



 
Nenos/as de 4º de Primaria

Nenas/os de 5º de Primaria

Nenos/as de 6º de primaria

6º de primaria


3° de educación primaria

3° de educación primaria

 



 

Experimento sobre a IGUALDADE

 

Nos recreos da biblio, aproveitando a temática deste mes sobre igualdade, fixemos un experimento social.

Consistía en que un ou varios nenos e unha ou varias nenas tiñan que realizar un mesmo traballo conxuntamente.

Nos primeiros cursos, consistía en clasificar correctamente obxectos propios da biblioteca nos lugares asignados (libros, películas e xogos).

Nos cursos superiores, debían clasificar os libros segundo a CDU correspondente. 



* (Non se repetiron os contos, películas ou xogos ata que pasaron o tempo de corentena) 

Clasificación para os pequenos

Clasificación por CDU para os maiores



Ao finalizar, repartimos lapis para os máis pequenos e marcapáxinas para os máis maiores.

 

Lapis para os pequenos

Marcapáxinas magnéticos para os maiores



Os nenos recibían máis cantidade que as nenas e este era o comezo das reflexións...

Aquí podedes velas:

 


 

Estas son algunhas das reflexións interesantísimas que xurdiron,  pero ao final sempre chegamos á mesma conclusión.

“Se todxs facemos o mesmo traballo, todxs debemos levar a mesma recompensa porque todxs somos iguais”

Parabéns nenxs! Sodes excepcionais! Con vós, o futuro estará en moi boas mans!