Esta semana estivemos traballando a altura dos sons (sons agudos, medios e graves) arredor do conto "Chibos chibóns" da editorial Kalandraka.
Fixemos unha versión "musical" utilizando distintos instrumentos (o carillón para o chibo pequeno, o metalófono soprano para o chibo mediano e o metalófono alto para o chibo grande)
Pasámolo xenial, cantamos as melodías dos chibos e despois tocamos os intrumentos (sempre botando xel e cumprindo as normas para pasalo ben pero dun modo seguro)
Aquí podedes ver un pouquiño:
No hay comentarios:
Publicar un comentario