lunes, 27 de febrero de 2023

SEMANA DO AGARIMO

 

Por fin chega a nosa desexada Semana do Agarimo. Do 27 de febreiro ao 13 de marzo teremos na entrada do cole o buzón para depositar as cartas. Ademais de ter carteis por todo o cole para que a ninguén se lle esqueza escribir as súas cartas, os compañeiros de 6º, Anxo e Eneko, fixeron un anuncio para a nosa radio

Queredes escoitalo? Pois clica aquí! Agarimo 23

jueves, 23 de febrero de 2023

23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA


Grazas a Carmen, alumna de 6º de primaria, poidemos lucir este fermoso mural na entrada da biblio para festexar o Día de Rosalía.

Este ano ímonos achegar a Rosalía a través das cancións, co libro "Rosalía pequeniña" de Uxía. 

Deixámosvos aquí o vídeo da primeira.



Por outra banda, o alumnado de 5º de primaria realizou unha lectura co Kamishibai sobre a vida e os poemas de Rosalía para todas as clases.







miércoles, 15 de febrero de 2023

martes, 14 de febrero de 2023

IMOS A POLO 2º MANDATO!!

 Un día máis, xuntámonos na entrada do cole para escoitar o 2º mandato de don Falsón. Por se vos despistades, aquí o tedes.

E mañá queda o último!! Recordade que son acumulativos.

lunes, 13 de febrero de 2023

MANDATOS DE ENTROIDO 2023

Que ganiñas tiñamos de volver á normalidade e de recuperar o entroido de anos atrás!!

Así que nesta semana xa temos todo en marcha. Hoxe comezamos cos mandatos do meco don Falsón, o pirata máis guasón e o venres toca festival!! Seguro que nos sorprenderemos coas magníficas actuacións que está preparando o noso alumnado.





XA ESTAMOS EN MARCHA COAS ETIQUETAS!!

Dende setembro estamos coa transición do programa  Meiga ao Koha e unha das tarefas máis salientables é o etiquetado dos libros para a lectura dos mesmos co código de barras. Despois de facer unha formación previa cos nosos axudantes xa os temos en marcha.

Moitas grazas rapaces e rapazas por axudarnos nesta laboriosa tarefa!!





13 DE FEBREIRO, DÍA DA RADIO

 Hoxe, o programa da galega "Quen anda aí" viu a facernos unha pequena entrevista sobre a nosa recén estreada radio escolar. 

Estamos comezando esta andadura e aínda queda moito camiño por percorrer, pero tanto profes como o alumnado estamos moi ilusionados neste novo proxecto no que nos embarcamos.


Se queredes escoitar os nosos podcast deberedes clicar no seguinte enlace: https://www.ivoox.com/podcast-o-ramo-nas-ondas-2022-23_sq_f11820967_1.html

sábado, 11 de febrero de 2023

11 DE FEBREIRO DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Para conmemorar o Día da muller e da nena na ciencia, tedes á vosa disposición unha mesa de recomendados para que vexades algúns dos fondos que podedes atopar na biblio relacionados con esta temática.

Non perdades a oportunidade de botarlles unha ollada!!




jueves, 9 de febrero de 2023

SEGUIMOS COA PAPIROFLEXIA!

Vendo o éxito da papiroflexia, seguimos creando cousiñas novas.

Desta vez fixemos dúas sesións. Unha na que elaboramos paxariñas de papel coa axuda de Ella e Noa  e outra de squishy con Valeria e Sara Anca. 

Moitas grazas chicas por ensinarnos todo o que sabedes.

Pasámolo moi ben!!









martes, 7 de febrero de 2023

SEGUIMOS CO PEDA-LEO!!

Estes días algúns dos axudantes da biblio estannos axudando a montar as nosas novas pedaletas para poñelas en marcha. 

Da gusto contar con colaboradores tan implicados!! Moitas grazas rapazas e rapaces!!






lunes, 6 de febrero de 2023

OBRADOIROS DE REGULACIÓN EMOCIONAL

Neste mes estamos cos obradoiros de regulación emocional para todo o alumnado.

Coa axuda da nosa benquerida Andrea Bechlian aprendemos a identificar as nosas emocións e a regulalas da mellor maneira posible. 

E que mellor maneira que facelo a través de contos!!

De momento comezamos polos máis peque do cole. Os máis maiorciños terán que esperar ata finais de mes.








miércoles, 1 de febrero de 2023

NOVIDADES DE FEBREIRO

Este mes temos estas novas adquisicións relacionadas co entroido, Día de Rosalía, diversidade,...

Achegádevos a ver todas as novidades coas que contamos!