viernes, 25 de noviembre de 2022

TALLER DE PAPIROFLEXIA

Aproveitando as habilidades do noso alumnado, decidimos facer no recreo un taller de elaboración de comecocos, barcos e gorros de papel. 

Desta vez as mestras foron Ella de 3º, Mar e Vera de 4º e Keshly de 1º. 

Moitas grazas chicas por compartir con nós todo o que sabedes!





Foi todo un éxito e temos moitas ganas de repetir!!

viernes, 4 de noviembre de 2022

SAMAÍN

Para celebrar o Samaín ao longo da semana fixemos actividades moi variadas: decoramos a nosa biblio cun toque terrorífico, acabamos de decorar as cabazas que trouxemos da casa e fixemos con elas unha fermosa exposición por todos os corredores do cole. 







Tampouco faltaron os contos de medo!!





Para rematar, tivemos unha xornada de xogos populares e o magosto.