domingo, 17 de junio de 2018

PROXECTO LÓVA

Ao longo deste curso o alumnado de 5º e 6º de primaria levou a cabo o Proxecto Lóva. O pasado venres estrearon a súa ópera e foi todo un éxito!!
Antes de comezar a ópera, o equipo de documentalistas da compañía explicou como levaron a cabo todo o proceso. A continuación, podedes velo.

jueves, 7 de junio de 2018

VERMES DE SEDA

Como sabedes, nestes momentos estamos coa cría de vermes de seda. Grazas á profe Alicia, contamos con este marabilloso vídeo no que se nos explica o proceso da metamorfose que sofren, como debemos coidalos e de como son empregados para empregar a súa seda.

 Moitas grazas Ali!!

martes, 5 de junio de 2018

ESCRITORAS GALEGAS

Sabiades que dende que se celebra o Día das Letras Galegas foron só catro mulleres as homenaxeadas?
Con fin de darlle visibilidade á gran cantidade de mulleres escritoras coas que temos a sorte de contar dentro da literatura infantil e xuvenil galega fixemos traballos de investigación para coñecer a vida e obra de algunhas delas.


MAIO E ALFOMBRA FLORAL

Como todos os anos por estas datas, elaboramos a nosa alfombra floral e o maio.
A continuación podedes ver o resultado.
A que quedou chulo?





lunes, 4 de junio de 2018

CONCURSO DE CARICATURAS

Como ven sendo tradicional, este ano realizamos o concurso de caricaturas da autora homenaxeada o día das Letras Galegas.
Os gañadores do concurso foron:
Simón García de 1º de primaria, Brais Pazo de 4º de primaria e Óscar Iglesias de 6º de primaria.
Parabéns rapaces!!
Se queredes ver os fabulosos traballos realizados por todo o alumnado xa tedes á vosa disposición na biblioteca o libro recopilatorio.