martes, 20 de diciembre de 2022

RESUMO DAS ACTIVIDADES DA BIBLIO NESTE TRIMESTRE

A continuación, mostrámosvos un pequeno vídeo coas actividades levadas a cabo dende a biblio neste primeiro trimestre.

Pasámolo xenial!!


XOGOS RECOMENDADOS

Estamos convencidos que os xogos teñen un enorme potencial de aprendizaxe e, o máis importante, permítennos compartir uns marabillosos momentos cos nosos peques.

Por ese motivo, querémosvos dar ideas de xogos cos que poderedes pasar un ratiño divertido en familia.

RECORDADE FACER CLIC SOBRE A IMAXE PARA VER AMPLIADO O SEU CONTIDO.




lunes, 19 de diciembre de 2022

TRÍPTICOS DE NADAL

Un ano máis, aquí vos deixamos os nosos recomendados de nadal. Para poder ver as imaxes grandes debedes facer clic sobre elas. 
FELICES LECTURAS!!

 


















viernes, 16 de diciembre de 2022

MESA DE RECOMENDADOS DE NADAL

Estades pensando en pedir a Papá Noel ou aos Reis Magos un libro? Dende a biblio Cascabel quere propoñervos unha serie de títulos. Se queredes ver de que tratan estes libros, na entrada do cole tedes unha mesa con todos os recomendados deste nadal.

Algúns peques xa se achegaron a buscar o seu título favorito. 


Anímate tí tamén!!

martes, 13 de diciembre de 2022

SESIÓN DE MAXIA

 Hoxe no recreo tivemos sesión de maxia co noso compañeiro Simón García de 6º de primaria.

Pasámolo xenial coa súa actuación e deixounos abraiados cos seus trucos!!

Temos moitísimas ganas de repetir!!




Moitísimas grazas Simón por compartir con nós as túas habilidades. Es un mago excepcional!!

lunes, 5 de diciembre de 2022

3 DE DECEMBRO, DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Este ano o  lema que nos serviu para reflexionar sobre o tema foi: "Diferentes no voo pero co mesmo dereito a voar".


Como de costume traballamos varias lecturas e os maiores fixeron de contacontos para os máis pequenos.

Ao longo destes días, realizamos na biblio unha xornada de xogos de sensibilización.

Para poñerse no lugar das persoas con deficiencia visual empregamos o xogo "Sin palabras junior".

A deficiencia auditiva tratamos de visualizala co xogo "Hearing things"

Por último, para tratar o tema das dificultades motrices empregamos o xogo do "Boli loco" e guantes de boxeo para escribir.

viernes, 2 de diciembre de 2022

SEGUIMOS COA PAPIROFLEXIA

Despois do éxito da nosa primeira sesión de papiroflexia seguimos divertíndonos nos recreos. Esta vez coa axuda do profe Carlos. Aproveitando que estamos preto do nadal aprendimos a facer un Papá Noel e estrelas que para decorar quedan chulísimas!!

Grazas profe Carlos por compartir con nós o teu tempo!!

jueves, 1 de diciembre de 2022

25N

Este ano para manifestar a nosa repulsa contra a violencia de xénero traballamos o tema a través de varias lecturas.


Os maiores do cole fixeron sesión de contacontos aos máis peques.

O conto de "Artur e Clementina" serviunos para reflexionar sobre a violencia silenciosa. Cada clase elaborou unha tartaruga en meteu dentro do caparazón todas as liberdades e dereitos que temos polo feito de ser persoas. Fóra do caparazón deixaron todas as cousas que constitúen violencia de xénero, sexa do tipo que sexa. 

                                      

                                     

Ademáis, cada clase elaborou un mural con tapóns de plástico e decoramos a entrada do cole.