jueves, 22 de noviembre de 2018

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA

Este mes, tivemos a sorte de contar coa presenza de Anxo Carracedo. Xunto a el,aprendimos unha morea de cousas e ao final agasallounos cun fermoso conto escrito pola súa filla.
Moitísimas grazas Anxo. Foi un día inesquecible!!




miércoles, 14 de noviembre de 2018

POLO SAN MARTIÑO, PEÓNS AO CAMIÑO


"Polo San Martiño, peóns ao camiño"
Baixo este lema, aquí vos presentamos a exposición que fixemos con motivo do día do peón.
Grazas á colaboración da asociación Brinquedia, que aposta polo xogo tradicional, puidemos facer esta exposición informativa, á que, ademais, engadimos a parte artística a través dos nenos/as, xa que cada un deles/as, engalanou libremente o seu peón, quedando un resultado marabilloso e cheo de cor.
despois dun tempo de exposición, rematamos a actividade recollendo o noso peón e bailándoo no patio todos xuntos/as.
Pasámolo fenomenal.
Aquí tedes o resultado. Desexamos que vos agrade.


















viernes, 9 de noviembre de 2018

BOLSAS DE LECTURA

Hoxe comezan a súa viaxe de fin de semana as bolsas de lectura.
Como xa sabedes, cada venres, os pequerrechos/as de educación infantil levan un conto para a casa para poder gozalo en familia.
Elixímolos co maior dos mimos e esperamos que vos gusten tanto como a nós.
Que estas lecturas fagan os fins de semana aínda un pouquiño máis pracenteiros.
A Gozar!!


viernes, 2 de noviembre de 2018

SAMAÍN

Polo Samaín a nosa biblio transfórmase nun lugar de medo!!
Tampouco falta a mesa de lecturas recomendadas e os contos a escuras no salón de actos, xunto á nosa exposición de cabazas.









Pasámolo DE MEEEDO!!