viernes, 27 de mayo de 2022

OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA

Neste trimestre dende a biblio fixemos unha proposta de escritura creativa. Distribuimos ao alumnado en equipos e puxemos a voar a nosa imaxinación.
Foi moi divertido!!







jueves, 26 de mayo de 2022

HOXE ESTREAMOS A NOSA ZONA DE PEDA-LEO!

 Hoxe estreamos con moita ilusión un recuncho que xa fai tempo que tiñamos ganas de montar. A zona de peda-leo. Nela o noso alumnado poderá facer exercicio mentres desfruta da lectura dos seus libros favoritos.




lunes, 23 de mayo de 2022

MAIOS 2022

A semana pasada foi unha semana moi intensa. Comezamos o xoves coa elaboración do Maio e da tradicional alfombra floral. Este ano a temática da alfombra foi a vida saudable polo que nela podíamos atopar froitas, hortalizas e deportes.

Aquí vos vai un pequeno resumo do proceso de elaboración do maio.



A continuación, mostrámosvos unha reportaxe fotográfica da elaboración da alfombra.








E o venres fixemos o Festival do Día das Letras Galegas. Non faltaron a música, os bailes e as representacións.

Pasámolo xenial!

martes, 17 de mayo de 2022

LETRAS GALEGAS 2022

Como sabedes, este ano, o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas é Florencio Delgado Gurriarán.

Aquí vos deixamos un díptico para que o coñezades un pouquiño mellor e aproveitamos para facervos unha recomendacións lectoras.

       


Feliz Día das Letras Galegas!!