martes, 24 de noviembre de 2020

NON É NON. CANCIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


 

Para traballar sobre o 25N, entre a biblio e a a clase de música, os nenos/as de 6º aprendemos arredor do tema da violencia de xénero e se dalgunha maneira podemos aportar algo a través da música. Descubrimos como pode servir, entre outras cousas, para facer visible esta causa ou para reivindicar respecto e dignidade.

Gravamos un vídeo sobre unha canción de Axel e Soledad chamada "No es no" que traducimos ao galego.

Desexamos que vos guste

 

 


martes, 10 de noviembre de 2020

EXPERIMENTAMOS COA CIENCIA

 

 QUEREDES CONVERTIRVOS EN CIENTÍFICOS POR UN RATIÑO??

QUEREDES DECUBRIR COUSAS ASOMBROSAS???

Pois animádevos a participar!!! Aquí tedes toda a información:


 

Aquí vos deixamos os exemplos por se vos son de utilidade:

 











Moitísimas grazas de antemán pola vosa colaboración. Esperamos que gocedes moito sendo uns grandes científicos!!!

miércoles, 4 de noviembre de 2020

MOCHILAS VIAXEIRAS E BOLSAS DE LECTURA DE EDUCACIÓN INFANTIL 📚


Despois de moitos preparativos, cambios e propostas para facelo seguro, por fin hai uns días comezamos coa actividade que tanto vos gusta das "Mochilas viaxeiras para educación primaira" e as "Bolsas de fin de semana de educación infantil"📚





lunes, 2 de noviembre de 2020

MESA TEMÁTICA DE NOVEMBRO: O MEDOOOO!!!

 

Comezamos o mes de novembro, e con el, unha nova mesa temática adicada ao medo.

Nesta mesa, poderás atopar libros relacionados con monstros griposos, esqueletes coquetos, meigas, vampiros e moito máis... 

Deixámosvos debaixo a lista de libros da mesa, pero ollo!!! que temos moitos máis!!

Se che apetece, non dubides en preguntar, estaremos encantados de axudarche para que atopes unhas lecturas que che fagan gozar e pasalo de MEDOOOOO!!!!!

 -  El gran libro de los sustos

- O Grúfalo

- A figueira de Pelostortos

- Cuentos de Halloween

- Monstruosa sorpresa

- A casa encantada

- Mis pequeños miedos

- ¡Que susto!

- Violeta quere ser vampiro

- Drácula

- El esqueleto coqueto

- O dragón comemedo

- El gran libro de los seres fantásticos

- A miña profe é un monstro

- Sanatoria, historia dos nenos raros

- Monstro rosa.

- Monstruos, duendes y espíritus.

- Gripe montruosa.

- Bat-Pat: La isla de las sirenas.

- El gran libro de las brujas.

domingo, 1 de noviembre de 2020

SAMAÍN DE MEDOOO!!! LECTURAS A ESCURAS E "MANDIBAZAS" 👻👻👻🎃🎃🎃

Como xa sabedes, o 31 de outubro festéxase o Samaín, que é a tradición celta na que os mortos podían vir visitarnos durante esa noite ata o día 1, coñecido como "día de todos os santos"

Dende a biblio propuxemos unha actividade para levar a cabo nas aulas (Xa que pola situación actual non se pode facer nin na biblioteca nin no salón) que consistía en ofrecerlles aos nenos/as libros sobre temática de medo (adaptados a cada idade). 

Deixámolos na estada da biblioteca para que, tanto nenos/as como mestres/as  puideran escoller o dlibro que preferisen para ler ÁS ESCURAS!!!!!

Sí, sí... ás escuras!

Para iso, pedímoslles aos nenos/as que truxeran unha lanterna para poder ver e o resultado foi chulísimo. ollade!!






























































 

Por outra banda, os nenos/as de 1º de primaria quixeron facer unha homenaxe á tradicional exposición de cabazas que se fai todos os anos, "Amañando algo máis manipulable pero igual de bonito. Ou mellor dito, igual de terroríiiiiiiifico"

En vez de utilizar cabazas, usaron madarinas.

Por iso, decidiron poñerlle o nome de "Mandibazas" Se se ven de moi preto, case non se aprecia a diferenza, non si? 😃