viernes, 22 de enero de 2016

HOXE VISITOUNOS AFAL

Seguindo coas actividades de sensibilización coa diversidade funcional, hoxe tocou a visita da asociación AFAL.
 A través dun contacontos o alumnado de 1º e 2º de primaria aprendeu unha morea de cousas. A importancia de coidar aos nosos avoíños, sobre todo cando non están ben, ensináronnos como podemos axudar a coidalos e a entendelos un pouco mellor,...
Por outra banda, o alumnado de 5º e 6º de primaria recibiu unha charla sobre o Alzheimer e visionaron un corto referido a este tema.
Despois do recreo,fixeron un circuito para poñerse na pel das persoas con Alzheimer e ver as dificultades que moitas veces atopan no seu día a día.

 Moitas grazas a AFAL!!