lunes, 14 de diciembre de 2020

Traballando a Constitución na aula de 1º

 Este mes, os nenos/as de 1º coa mestra Alicia, estiveron traballando arredor da Constitución. 

Aprenderon un montón de cousas, fixeron unha votación (tan real que houbo ata incidencias 😀) e remataron cun fabuloso traballo resumo sobre o aprendido.

PARABÉNS!!!!



sábado, 12 de diciembre de 2020

Recomendacións lectoras Nadal 2020 🎄

Remata un ano complicado pero dende a biblio, como sempre, non podemos facer máis que dar grazas porque sigades un ano máis con nós. Non podemos pedir agasallos porque xa o temos todo. 

Mil grazas, Bo Nadal e Boas lecturas. Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras para este Nadal. 🎄







Sinopse das lecturas:

"Mi corona" : David es el rey de la casa y luce orgulloso su corona por todas partes. Pero la llegada de su hermanita Carolina trastoca su vida y tiene que compartir su reinado con ella. Llegan los temidos celos, una reacción natural entre los hernamos. Adéntrate en este precioso cuento y descubre cómo sus papás idearán una forma para que David vuelva a encontrar su sitio en la familia.

 

"A escaleira" O carteiro subiu, subiu, subiu pola escaleira.. Chamou á porta:Din-don! Din-don! Non había ninguén.Deixou a carta no chan e baixou, baixou, baixou pola escaleira. 

Este conto procura espertar as capacidades intelectuais os máis pequenos. Por iso, ten unha estrutura sinxela e repetitiva que facilita a memorización e o xogo de interacción cos nenos.O relato é perfectamente comprensible a través das ilustracións. Basta con seguir as peripecias duns personaxes divertidos e con estilo propio.

 

"Baixo terra" O coello, a toupa, o teixugo. Todos estes animais viven baixo terra. Algúns só no inverno, algúns todo o ano. Os animais son coma a xente: teñen diferentes preferencias e necesidades.
 Achégate ao reino animal e atrévete a formar parte del, aínda que sexa  un anaquiño. Convértete nun animaliño, verás que divertido!
 Neste libro atoparás cámaras soterradas e túneles para que os explores  coas mans e cos ollos. 

 

"La gran fábrica de las palabras" Existe un país donde la gente casi no habla. En ese extraño país, hay que comprar y tragar las palabras para poder pronunciarlas. Javier necesita palabras para abrir su corazón a la hermosa Nieves. Pero ¿cuáles puede elegir? Porque, para decir lo que quiere decir a Nieves, ¡se necesita una fortuna! No se puede equivocar…

 

"Conta comigo" Todo o mundo ten unha paixón. Para algúns é a música, para outros a pintura. Pero para a protagonista desta historia son as matemáticas. Cando mira o mundo, veas en todas as cousas fermosas que a rodean.
Hai quen non entende a súa paixón, pero a ela non lle importa. Hai infinitas formas de ver o mundo, e as matemáticas son unha delas. 

 

"Pete o gato" Pete mercou uns zapatos brancos que lle encantan, pero a medida que pasea, tropeza con dificultades que van teñindo de unha e doutra cor os seus zapatos brancos. ¿Chora Pete? Non! Afronta os cambios e segue cantando a súa canción. 

 

"A estraña aventura de Manoliño Singapur" Imaxina que unha avelaíña chega á pantalla do teu ordenador cunha chamada de auxilio procedente dunha descoñecida páxina web.. . Que, para accederes a ese sitio e prestares axuda, tes que facerte amigo dun virus informático con figura de terrible can.. . Que, despois de atravesares polo sitio máis solitario do mundo, chegas a unha cidade onde te consideran inimigo.. . Que apareces nas pantallas como un hácker intruso perigoso. E que, a pesar de todo, consegues saír vitorioso... 

 

 "O poder de Amabel" Todos os membros da familia de Amabel teñen superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha abraiante intelixencia ou mesmo a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel aínda non sabe cal é a súa habilidade extraordinaria. Para descubrilo, embarcarase en aventuras ben peculiares.


"Maytalia y el cuerpo humano" Villano se ha desmayado, y Natalia y Mayden se hacen microscópicos para entrar con su nave en su cuerpo y averiguar que le pasa. Allí descubrirán todo un mundo de venas y arterias, neuronas, nervios, fluidos y celulas perfectamente organizado para que todo funcione. Junto con Arquímedes y Laika se librarán por los pelos de ser pulverizados por los jugos gástricos, machacados por la bomba del corazón y devorados por un virus con malas pintas. Y una vez dentro, ¿cómo salir de ahí? La caca, los pedos y los eructos no son medios de transporte muy apetecibles…

 

"Druídas" Area cre que seu avó fai maxia, que é un dos últimos druídas de Galicia. o avó tiña os sentidos moi desenvolvidos; el dicía que era polos anos, pero a area continuaba a asombrala. El sempre dicía que pola vida sempre hai que barallar todas as cartas, porque as opcións son moi variadas. Levar os ollos ben abertos é o mellor que se pode facer.

 

"Cuentos para entender el mundo" 

¿Y si son las ramas las que mueven el viento?

Para todos aquellos que siguen siendo niños, aunque los adultos les obliguen a disimularlo.

Estos textos  son pequeños cuentos, ya casi perdidos, de grandes autores que el autor ha decidido adaptar a los tiempos que corren. Ha modificado personajes, situaciones, el lenguaje... pero la esencia sigue siendo la misma: esa que nos ayuda a entender el mundo."

 

"Sira e o robot: Adventure on Titan" Galicia, ano 2050. O inglés acaba de ser declarado lingua oficial xunto co galego. Os humanos compórtanse como robots e os robots son aparellos choromicas que posúen o don da música. Sira, unha rapaza de dez anos cunha forte personalidade e moi imaxinativa, non acaba de atopar o seu lugar nesta sociedade. Un venres, totalmente aburrida da vida terrestre, ve un anuncio na televisión sobre un festival intergaláctico da canción que se vai celebrar en Titán, a sexta lúa do planeta Saturno. Na compaña de William, o seu inseparable e medroso robot, busca o modo de viaxar a Titán para participar no certame. Alí descubrirá un mundo novo que lle vai cambiar a súa forma de ver a vida para sempre.Ao estilo dos musicais clásicos, as cancións intercálanse de maneira natural na narración, conformando esta aventura espacial chea de humor e misterio. Unha historia para ler e escoitar.

 

 

 

 

 

martes, 1 de diciembre de 2020

O Nadal está chegando!!! Buzón de SANTA!! 🎄📭🎅

O Nadal está chegando!!! e xa tedes na biblio o buzón para SANTA para que lle escribades unha carta na que lle digades que libros, películas ou xogos vos gustaría que vos trouxera para ter na biblioteca e poder compartir entre todos/as.

Xa sabedes que só podedes pedir xogo ou película se pedides ademáis, alomenos un libro. 

O buzón estará ata final de mes para que Santa poida recollelo nas vacacións!

Animádevos a escribirlle!!!🎅🎅🎄📭📭


 

OS VOSOS EXPERIMENTOS! 💚

 

Como xa sabedes, o mes de Novembro adicámolo á ciencia e propuxémosvos facer un experimento... 

Moitísimos parabéns a eses grandes científicos e mil grazas por colaborar con nós!!!

Aquí tedes o resultado, esperamos que o desfrutedes... 💚💚



https://www.youtube.com/watch?v=HAP2mY1mXTU