domingo, 17 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS E MÚSICA!

Na biblio comezamos o día das letras galegas máis estrano que poderiamos imaxinar.
Pero nós, os galegos, se de algo podemos presumir é de saír sempre adiante e así ter construído ao longo dos séculos, unha cultura marabillosa.

Fagamos un repaso comenzando pola xeografía.
Galiza, sempre verde, sempre viva! Os nosos montes, praias, lagos, lagoas, muíños, fervenzas... lugares que nos serven, paradóxicamente, para perdernos e tamén para atoparnos.

A literatura. Qué sería de Galiza sen autores como Ricardo Carballo Calero (ao que se lle adican as letras galegas este ano), Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e outros moitos, que loitaron porque a nosa lingua, a nosa fala, non se esquecese e formase parte do noso patrimonio?

Podemos falar tamén de música. Instrumentos e bailes (pandeireta, tamboril, ferreñas, gaita, muiñeira, foliada, alborada, repichoca...).
A música sempre acompañou aos galegos. Axudounos a sobrelevar o traballo e os malos momentos e tamén a festexar en festas e romarías.

E qué dicir na nosa fala, con palabras marabillosas que enchen o corazón como agarimo, morriña, bolboreta, aperta, bico, ruliña. Con expresións como "e logo?", "e ti, de quen ves sendo? " ou "malo será", que tantas veces utilizamos.

Dende a biblio non queremos deixar pasar a oportunidade de festexar aínda que sexa con lembranzas.

A primeira: Hai un ano, por estas datas, levábamos xa moitos ensaios enriba e tamén moita emoción.
Nenos e nenas de 4º de primaria coa titora Elisa e a mestra de música Yolanda, participamos nun proxecto marabilloso chamado "Un mar de muiñeiras", que tivo lugar en Navantia Ferrol.
Alí, xuntámonos centros de toda a comarca para bailar todos unha muiñeira.
Foi emocionantísimo e por iso, queremos lembralo con vós.


 



Añadir leyenda














A segunda delas, unha canción artellada na área de música sobre unha poesía inventada nun obradoiro de poesía que fixemos na biblio.
A letra, inventada por nós. A música, cantada por nenas de 5º e 6º, é unha adaptación dunha canción dunha artista galega marabillosa cunha traxectoria musical máis que coñecida: Mercedes Peón.

Aquí tedes o resultado.



FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!

miércoles, 6 de mayo de 2020

"Primavera das letras"



Comezamos o mes de maio, mes das flores e mes das letras.🌺🌺📝📝
Sabedes que o 17 de Maio festexamos o "Día das letras galegas" no que cada ano, son adicadas a un escritor galego.
Pero... Por que se festexan as "Letras Galegas" ? A quen se lle adican este ano?...
Para ir respostando pouquiño a pouco a todas estas preguntas, ímonos mergullar no universo das letras da man da Real Academia Galega.

O primeiro... Cando e por que se festexan as letras galegas? Aquí tedes a resposta... 


http://primaveradasletras.gal/o-dia-das-letras/ 

E se queredes ir sabendo máis... estade pendentes do blogue!! 
Apertas bibliotecarias