martes, 18 de diciembre de 2012

O NOSO BELÉN DESTE ANO...

... eche un tanto orixinal, non si? Acorde co noso proxecto do zapatiño.
A mula e o boi...
Despois das últimas novas, os pobres xa non saben que facer. Imos ou quedamos?

lunes, 17 de diciembre de 2012

OUTRA OLLADA

O xoves visitounos Antonio Rodríguez Menéndez.
Antonio é mestre, actor, animador cultural, escritor e moitas cousas máis.


Estivo con nós, na biblioteca, durante dúas horas e nese tempo fíxonos mirar os libros e a súa lectura doutro xeito e, por suposto, conseguiu que as dúas horas pasaran sen darnos conta.
E tamén fíxonos rir un montón!!!

(Se queredes saber algo máis sobre Antonio e o seu traballo, tecleade o seu nome completo en calquera buscador e conseguiredes información dabondo).

viernes, 14 de diciembre de 2012

HOMENAXE A CELSO EMILIO FERREIRO

O día 12, do mes 12, ás 12 horas, sumámonos á homenaxe a CELSO EMILIO FERREIRO que se celebrou en moitos colexios de Galicia.
Aquí está a sesión de recitado dalgúns dos seus poemas que fixemos na biblioteca.
Rematamos coa audición de "Irmaos", cantado por Fuxan os ventos.




martes, 4 de diciembre de 2012

TEATRO NA NOSA ESCOLA

Aquí temos outra vez ós nosos alumnos de 6º representando o conto do rato de campo e o rato de cidade. Que artistas temos!
E tan contentos quedamos que xa sabedes que estamos esperando a seguinte obra. A ver con que nos sorprenden!

sábado, 1 de diciembre de 2012

RECOMENDADOS PARA NADAL

Xa que estamos en DECEMBRO, aquí vos deixo os títulos das lacturas recomendadas para todas as idades. Espero que teñades en conta estas ideas que vos deixo aquí cando chegue o momento de escribir "A CARTA" coas vosas peticións. Saúdos navideños. CASCABEL.

RECOMENDADOS TERCEIRO CICLO

RECOMENDADOS SEGUNDO CICLO

RECOMENDADOS PRIMEIRO CICLO

RECOMENDADOS INFANTIL