viernes, 28 de abril de 2023

CONTACONTOS CO PROFE CARLOS

Hoxe os máis peques do cole puideron disfrutar dunha marabillosa sesión de contacontos da man do profe Carlos. Ademáis de engatusarnos coas historias, tampouco faltou a música.



Grazas profe Carlos por esta sesión tan completa e divertida!


APADRIÑAMENTOS LECTORES


Este xoves celebramos os desexados apadriñamentos lectores. Fixo moi bo tempo polo que puidemos disfrutar  de lecturas compartidas ao aire libre. 

Esta marabillosa actividade que tanto gusta a grandes e pequenos, deixounos imaxes tan fermosas como as que podedes ver a continuación.


jueves, 27 de abril de 2023

OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA

Un día máis, seguimos coa papiroflexia na biblio. Esta vez a sesión correo a cargo de Carla e Vera de 4º de primaria que nos ensinaron a facer vasiños de papel e flores. Estas últimas non deu tempo a acabalas así que haberá que continuar nestes días.




Grazas chicas por compartir con nós todo o que sabedes!


lunes, 24 de abril de 2023

24 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Co motivo da celebración do Día do libro, o alumnado de 5º sorprendeunos cunha fermosa mostra de libros elaborados por eles a partires de caixas de cereais.

Mirade o chulos que quedaron!



lunes, 3 de abril de 2023

MOCHILAS VIAXEIRAS PARA FAMILIAS



Un ano máis, xa están en marcha as mochilas para familias con contidos relacionados cos nosos proxectos.

Que temáticas poderedes atopar nelas?

- Inclusión

-Vida saudable

- Emocións

- Consumo de novas tecnoloxías

Cada vez son máis as familias que mostran interese por elas.

Animámosvos a que as solicitedes!!