sábado, 24 de octubre de 2020

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!!!! 💚💚

Hoxe, 24 de outubro, festéxase o "Día das bibliotecas"

Para nós, dinamizar a biblioteca propoñéndovos actividades que pensamos que poden resultar interesantes para a comunidade educativa, é unha gran labor que intentamos coidar con moito agarimo. 

O obxectivo que perseguimos é que os pequerrechos/as vexan a biblio como un lugar atractivo. Un lugar no que se sintan agusto. Ás veces, cheo de paz e tranquilidade. Outras, de exploración e descubrimento...

Pretendemos despertar ese "amor pola lectura" tan beneficioso para o desenvolvemento integral do neno/a, que é a base da educación.

Dende Biblioramo, queremos compartir con vós un vídeo sobre algunhas das bibliotecas consideradas das máis fermosas do mundo, así como unha cortametraxe para toda a familia na que se pon en valor o fomento da lectura.

Desexamos que a lectura vos acompañe hoxe e os 364 días restantes! 

Mil grazas porque vós facedes que a biblio estea viva!!

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!!

 


 

Curtametraxe: "The fantastic flying books"




jueves, 15 de octubre de 2020

POÑENDO TODO A PUNTO PARA COMEZAR!!!! ⏰🚧🚦

 

 

Como podedes ver, non só vos botábamos de menos os profes, os nosos amigos da biblio tamén están desexando vervos!!

Dende o equipo de biblioteca (con novos integrantes) queremos darvos a benvida a este novo curso 2020-2021 e anunciarvos que nas próximas semanas ABRIMOS AS NOSAS PORTAS!!

Estamos traballando cheos de ilusión e de enerxía para adaptarnos á nova situación e garantirvos a máxima seguridade pero sen esqueceremos de que a nosa biblio é un lugar para gozar! 

Aínda que teremos que cambiar algunhas cousiñas e prescindir temporalmente de outras, imos facer todo o posible para que a biblio siga tendo esa "maxia" que tanto nos gusta a todos. 

Esperamos poder estar á altura e poder compartir con todos vós un ano máis esta fermosa experiencia.

Nos próximos días iredes tendo noticias... 😊




lunes, 5 de octubre de 2020

Biblioramo 20 21

BENVIDOS UN CURSO MÁIS A BIBLIORAMO!!!😊📘📗

Estamos moi felices de poder anunciarvos a apertura da biblio!!

Xunto cos nenos/as de 6º de primaria fixemos un vídeo presentación da biblio e dalgunhas pautas básicas para este curso tan curioso. 

Fixémolo con toda a ilusión do mundo e os rapaces/as fixérono fenomenal.  Moitas grazas a todos/as!! A biblio mola moito máis porque vós participades nela!!

Aquí o podedes ver. Esperamos que vos guste: