martes, 24 de febrero de 2015

O DÍA DE ROSALÍA


Hoxe 24 de febreiro conmemoramos o aniversario de Rosalía de Castro. Hai 178 anos que naceu!!
Por falta de tempo non poidemos facer nada en especial pero non queremos deixar pasar o día sen homenaxear a esta gran escritora.
A continuación, deixámosvos unha serie de enlaces con información e actividades sobre a súa vida e obra que recollimos do traballo elaborado por outros colexios. Aproveitamos para agradecer a estes centros a oportunidade de poder empregar este material tan interesante.

RECOPILATORIO DE ENLACES
ACTIVIDADES LIM
ACTIVIDADES LIM 1
UNIDADE DIDÁCTICA
ABC

jueves, 19 de febrero de 2015

FESTIVAL ENTROIDO

Aquí tedes un recopilatorio de fotos do día do festival de entroido. Nestes días temos intención de ir colgando os vídeos para que poidades volver a ver as actuacións. Todas estiveron xenial!! Parebéns rapaces e rapazas!!

SEMANA DO AGARIMO

Para esta semana e a que ven, dende o equipo de dinamización da lingua galega e o de biblioteca temos unha proposta. Festexar a Semana do Agarimo!! Nesta semana o alumnado, pais, nais,familiares, profes,amigos,... deberán escribir unha carta en galego a un nen@ do cole. O contido da carta pode ser moi variado: un debuxo, unha poesía, adicarlle unhas palabras mostrando os nosos sentimentos hacia el/ela,o importante que é para nós ... ou calquera cousa que se nos ocorra. Tranquilos!! Ningún nen@ quedará sen carta.
 Animádevos a participar!!
Como sabedes, na entrada do cole tedes unha mesa de recomendados para estas datas tan amorosas. Acercádevos, seguro que atopades títulos que non coñeciades e... vanvos gustar!!

MANDATOS 2015

Queredes ver cal foi o resultado dos mandatos da Sta Bolshoi?


miércoles, 18 de febrero de 2015

martes, 10 de febrero de 2015

2º MANDATO






A continuación deixámosvos enlaces a páxinas onde podedes atopar actividades variadas sobre o entroido. Hai xogos, receitas, manualidades,...


RECURSOS ENTROIDO
MÁIS SOBRE O ENTROIDO
ACTIVIDADES TIC