viernes, 27 de marzo de 2020

Dia do Teatro 2020

Hoxe, 27 de marzo de 2020, celébrase o día do teatro . Nenos de 5º e 6º estabamos preparando con moita ilusión unha obra de teatro para poder compartir con vós este día. Mais a situación de estado de alarma truncou un pouquiño os nosos plans. Esperemos que á volta poidamos retomalo
Pero dende a biblio, queremos seguir festexando días tan importantes como éste.
Por iso, compartimos con vós de novo, dúas obras de teatro que realizamos este curso.
A primeira, chamada "Princesa 2.0, E se non nos gustan as perdices?". Trata sobre a igualdade de xénero e do importante que é romper estereotipos.
 Aquí tedes o enlace:





A segunda, é un teatro de sombras dun conto chamado "O nacemento do dragón" onde nos contan por qué o dragón é o animal elixido para representar a paz. 
Esperemos que o desfrutedes tanto coma nós! 
Unha aperta moi forte e moito ánimo, que xa queda menos!!!







jueves, 26 de marzo de 2020

Lecturas sobre o coronavirus explicado para nenos/as


Como xa sabedes, estes días temos que ficar na casa. E como xa sabedes tamén, todo se leva mellor se nos acompañan unhas boas lecturas.
Por iso, deixámosvos diferentes recursos para que poidades seguir lendo e disfrutando aínda que estemos metidos na casiña. Esperamos que resulten da vosa utilidade.
Nos proximos días, poñeremos tamén alternativas lectoras para estes días especiais.

Moito ánimo e coidádevos moito!
Vémonos prontiño! Mil apertas!! 😊


Aquí tedes información que nos fala sobre o coronavirus para explicarlle aos nenos/as de diferentes xeitos (contos para ver e escoitar, contos para ler, vídeos sobre cómo lavar as mans e incluso un experimento no que podemos ver a importacia de lavar as mans como precaución para previr o virus...)


 


 
































 

Se queredes ler este, premede neste enlace.


https://660919d3-b85b-43c3-a3ad-3de6a9d37099.filesusr.com/ugd/64c685_ef31d8e608fd4b528eae3132b67a445e.pdf






















https://marketing.editorialsentir.com/contenidosadicionales/Cuento_Rosa_contra_el_virus.pdf





E aquí tedes o experimento sobre a importancia de lavar as mans

martes, 3 de marzo de 2020

Dia de Rosalía 2020


Como xa sabades, o día 24 de febreiro celébrase o "Día de Rosalía" coincidindo coa data do seu nacemento. 
Dende a biblioteca, propuxemos facer unha actvidade arredor do famosísimo poema "Adiós ríos, adiós fontes"
Trátase dunha ilustración do poema.
A cada aula lle repartimos un folio no que estaban escritos catro versos do poema e outro folio baleiro no que, entre todos os nenos/as, debían facer un debuxo cooperativo no que se reflictise o que lles suxerían eses versos. 
Despois colocámolo nun dos corredores do centro. 
Así de fermoso loce: