martes, 27 de abril de 2021

Día do libro 2021 📖📖📖

 Estimadas familias:

Presentámosvos o vídeo recopilación para o DÍA DO LIBRO 2021 con todas as fotos e vídeos que nos enviáchedes! Está feito con todo o agarimo do mundo e esperamos que vos guste.

Non podemos por menos que agradecervos infinitamente a vosa participación. É unha marabilla e énchenos de alegría ver que vos implicades tanto nas actividades que preparamos con tanta ilusión dende a biblioteca.💚💚

PARABÉNS A TODOS ESES SÚPER LECTORES, SÚPER BOOKTUBERS E CONTACONTOS QUE ESTADES FEITOS! SODES O MÁXIMO!!

(Aproveitamos para invitarvos ao concurso de cómic que estamos dando a coñecer esta semana nas aulas e que podedes ver no post anterior! Animádevos!!!!)

Millóns de GRAZAS!

Apertas bibliotecarias!!📖


https://www.youtube.com/watch?v=TFtllkY7MIA

 

 

 

lunes, 26 de abril de 2021

EXTRA!! EXTRA!! 📢📢 CONCURSO DE CÓMIC EN BIBLIORAMO!!💥💥

Estimadas familias: 

Dende biblioramo temos o pracer de convidarvos nos próximos días a participar nunha actividade que levamos un tempo preparando con  moita ilusión:

 A "I EDICIÓN DO CONCURSO DE CÓMIC DE BIBLIORAMO" 

Ao longo desta semana iremos dando a coñecer a actividade polas aulas pero podemos adiantarvos que: 

Este concurso dividirase en 4 CATEGORÍAS:

- Educación Infantil.

A 4º de educación infantil darémoslles un modelo de viñeta no que se terán que debuxar a eles mesmos coma se fosen unha personaxe de cómic.

A 5º e 6º de educación infantil darémoslles a escoller entre varios modelos de cómic xa elaborados e deberán inventar os diálogos dos bocadillos.

- 1º e 2º cursos de educación primaria.

Os nenos/as de 1º e 2ºpoderán escoller entre varios modelos que lles ofertaremos nos que terán que inventar os diálogos ou se queren tamén poderán inventar un cómic dende cero.

- 3º e 4º de educación primaria.

- 5º e 6º de educación primaria.

Os maiores (3º, 4º, 5º e 6º EP),  deberán elaborar un cómic de tema libre en A4 e mínimo unha páxina. 

Para facilitarlles o traballo, temos a gran sorte de contar cun video "titorial" que nos enviou Abel Alves (ilustrador/guionista de cómics da comarca do que vos falaremos nos próximos días). 

A data límite de entrega será o 13 de maio!!

Haberá un premio sorpresa para o gañador de cada categoría!  

Con todos os cómics que recibamos, faremos un libro que quedará na biblio para que todos/as poidades velo!  

Convidámosvos a participar con moita ilusión e lembrade que o máis importante e DISFRUTAR DEBUXANDO!!

Aquí tedes o cartaz coa información:  





domingo, 25 de abril de 2021

Día do libro nas aulas

Para conmemorar o día do libro, nas aulas estiveron traballaron sobre o tema facendo distintas actividades: Libriño plegable con información sobre a celebración, visita dun escritor, lectura de contos, historia de contos con contos, elaboración de marcapáxinas e mesmo tamén fixeron apadriñamentos lectores no patio cuberto.

Aquí podedes velo:

 
 




























miércoles, 21 de abril de 2021

Booktubers Antía e Noa cóntannos...

 Hoxe, booktuber Antía fálanos sobre "Tintín en América" 

PARABÉNS e grazas, Antía!! 📖👏😊

 

Por outra banda, booktuber Noa recoméndanos "Me llamo Pecas" 

PARABÉNS e grazas, Noa!! 📖👏😊

 


 

miércoles, 14 de abril de 2021

PROXECTO DE 3º DE PRIMARIA: "O SISTEMA SOLAR"

Hoxe ímosvos presentar un traballazo marabilloso que estiveron a facer os nenos e nenas de 3º de primaria en ciencias sociais. O tema: O sistema solar.

O primeiro de todo, darlles a noraboa polo ben que o fixeron e o moito que aprenderon, así que SÚPER PARABÉNS RAPACES E RAPAZAS!!! 👏👏👏 e tamén darlles as grazas porque quixeron compartir o seu proxecto e deixalo na biblioteca para que os demais puidesen ir velo. GRAZAS!!!

Para facer o proxecto, seguiron as fases do "traballo por proxectos"

1- Que sabemos? 

Fixeron unha posta en común sobre todo o que sabían sobre o sistema solar, os astros, os planetas, a lúa... para saber o punto de partida dende onde debían comezar a traballar.

2- Que queremos saber? 

Falaron sobre aquilo que tiñan interese en aprender e como ían aprendelo. E así chegaron ao seguinte paso:

3- Onde buscamos a información? 

Decidiron buscar nos libros de consulta da biblioteca relacionados co sistema solar, o universo... 

Tamén decidiron ver vídeos informativos sobre o tema para así ter a maior información posible. 

4- Que facemos coa información? 

Unha vez que atoparon a información, seleccionaron a de interese e xurdiron dúas posibilidades: Facer unha maqueta ou facer un vídeo.

Como estes nenos/as son tan resolutivos/as e coa axuda da profe Ana, decidiron que ían facer unha combinación das dúas cousas; é dicir, unha maqueta con cartolina e boliñas de porexpan que pintaron por grupos, na que cada astro tiña un código QR que se podía escanear e gardaba unha sorpresa... sabedes cal??

Pois cada código QR facía viaxar aos nenos/as a cada un dos astros e planetas que estaban traballando para gravar os vídeos!!!😱😱😱

QUE NOOOON!!!! QUE É UNHA BROMA!!

 Aínda queda moito para poder viaxar a outros planetas, pero grazas ao chroma que temos na nosa aula de vídeo podemos imaxinarnos como serían os nenos/as de 3º como reporterios interplanetarios... A que queredes velos? Pois veña, non esperedes máis e clicade nos QR. 

A DISFRUTAR!!!! 

 Aquí tedes algunhas fotos do proceso e do resultado: 

 






 

 





sábado, 10 de abril de 2021

QUE É POESÍA? POESÍA ES TI! VÍDEOS DAS FAMILIAS 📜

Como xa sabedes, para conmemorar o día da poesía (que é o 21 de marzo), propuxémosvos ás familias que enviarades un vídeo dos nenos/as, familias... recitando un poema, refrán , adiviña...

Non podemos por menos que estar súper orgullosos e agradecidos de que participedes tan gustosos nas actividades que vos propoñemos con tanta ilusión. Encántanos ver como gozan os pequenos/as coas actividades (e as familias con eles) 

Grazas a vós, a biblioteca mantense viva e dinámica. Moitísimas GRAZAS!!! 💚

Aquí vos deixamos o resultado da montaxe, esperamos que vos guste!

(*Lembrade que estamos tamén coa actividade do día do libro. Animámosvos a participar!!)


 




 


QUE É POESÍA? POESÍA ES TI! VÍDEOS DAS AULAS 📜

Nas aulas, os nenos/as tamén participaron na actividade.

Desta vez, foron os titores/as os que o traballaron con eles/as e os/as gravaron, polo que non queremos deixar pasar a oportunidade de agradecérllelo. 

Algúns fixeron adiviñas, outros refráns, outros leron un poema... 

PARABÉNS RAPACES E RAPAZAS, LEVADES DENTRO A ARTE DA RIMA!! 👏👏😊

Aquí vos deixamos, por cursos, os distintos vídeos. Esperamos que vos gusten:

 

4º de Educación infantil 


 

5º de Educación infantil 


 

6º de Educación Infantil 


 

1º de Educación Primaria


 

2º de Educación Primaria


 

3º de Educación Primaria


 

4º de Educación Primaria


 

5º de Educación Primaria


 

6º de Educación Primaria


 




jueves, 8 de abril de 2021

PROPOSTA DE ACTIVIDADE PARA O DÍA DO LIBRO 📖

Estimadas familias:

Despois da boa acollida da actividade sobre a poesía, queremos propoñervos outra para o "día do Libro", que se conmemora o día 23 de abril. 

Como o curso pasado foi un éxito, queremos propoñervos de novo a mesma actividade:

Trátase de elixir unha (ou varias se queredes) das seguintes opcións:

1- "Foto lectora" Consiste en sacar unha foto do neno/a, nenos/as, familias... lendo.

2- "Son booktuber". Consiste en facer un vídeo cunha recomendación dun libro expoñendo por exemplo: nome, autor, a temática, por que lle gustou... (importante que non desvelen o final!)

3- "Son unha portada de libro". Trátase de recrear a portada dun libro e sacar unha foto.

4- "Lectura compartida" Consiste en gravar un vídeo do neno/a, familia... lendo o conto para os demáis.

O correo para enviar as fotos e vídeos é biblioramo@gmail.com e a data límite será o martes 20 de abril.

Animámosvos a participar e aproveitamos como sempre para darvos moitísimas grazas por acoller sempre de tan bo agrado as actividades propostas!

Un saudiño e apertas bibliotecarias! 

O equipo de biblioteca  📖

martes, 6 de abril de 2021

MESA TEMÁTICA DE ABRIL- NATUREZA E ECOLOXÍA 🌎🍃

Hoxe os nosos amigos do mural, preséntannos unha nove mesa temática para o mes de abril dedicada á Natureza e á Ecoloxía. 

Todos/as sabemos o importante que é coidar o medio ambiente (e aínda máis nestas circunstancias que estamos a vivir).

Por iso, dende a biblio non queremos deixar pasar a oportunidade de ofrecervos lecturas amenas, divertidas e tamén instructivas sobre a ecoloxía e o coidado do medio para todas as idades...

Esperamos que vos gusten.

* Como sempre, ao final tedes os títulos, autores e editoriais dos libros da mesa.

 

 


 - Cuentos para niños y niñas que quieren salvar el mundo. (Carola Benedetto) Edit: B de Block 

- A auga está enferma (Miquel Obiols) Edit: Kalandraka 

- Gol. Aventuras no mar (Tokio) Edit: Demo editorial

 - O Raposo Rufo en "O coidado do medio" (Dani Viéitez e Iria Iglesias) Edit: Embora 

- Plásticus máximus. Unha especie invasora (Ana Pêgo) edit: Kalandraka

- Me gusta cuidar la naturaleza. Edit: SM - rescate planeta (Patrick george) Edit: Juventud

 - Gira la rueda y salva la Tierra. Plástico (Paolo Mancini y Luca de Leone) Edit: VV Kids

 - Gira la rueda y salva la Tierra.Agua (Paolo Mancini y Luca de Leone) Edit: VV Kids 

- A árbore xenerosa (Shel Silverstein) Edit: Kalandraka

- Microalgas. O mundo oculto. (Xulia Pisón) Universidade da Coruña 

- O home que prantaba árbores (Jean Giono) Edit: Galaxia 

- ¿Qué le pasa al planeta? (Eva Clemente) Edit: Emonautas 

- Pandemias (Gosia Kulik, Tomek Zarnecki) Edit: Thule 

- Una bolsa de patatas fritas en la Polinesia (Jordi Sierra i Fabra) Edit: SM 

- Los gulinos (Luis Amavisca) Edit: Nubeocho 

- La tortuguita y el mar (becky Davies, Jennie Poh) Edit: Bruño 

- Eco héroes. Vidas en defensa del planeta (Federica Magrín) Edit: VV Kids

- Capitán Verdeman. Súperhéroe del reciclaje (Ellie Bethel) Edit: Juventud 

- Greta, la lucha de una niña por salvar el planeta. (Jeanette Winter) Edit: Juventud 

- 23 ideas para ser un eco- héroe (Isabel Thomas) Edit: SM