jueves, 8 de abril de 2021

PROPOSTA DE ACTIVIDADE PARA O DÍA DO LIBRO 📖

Estimadas familias:

Despois da boa acollida da actividade sobre a poesía, queremos propoñervos outra para o "día do Libro", que se conmemora o día 23 de abril. 

Como o curso pasado foi un éxito, queremos propoñervos de novo a mesma actividade:

Trátase de elixir unha (ou varias se queredes) das seguintes opcións:

1- "Foto lectora" Consiste en sacar unha foto do neno/a, nenos/as, familias... lendo.

2- "Son booktuber". Consiste en facer un vídeo cunha recomendación dun libro expoñendo por exemplo: nome, autor, a temática, por que lle gustou... (importante que non desvelen o final!)

3- "Son unha portada de libro". Trátase de recrear a portada dun libro e sacar unha foto.

4- "Lectura compartida" Consiste en gravar un vídeo do neno/a, familia... lendo o conto para os demáis.

O correo para enviar as fotos e vídeos é biblioramo@gmail.com e a data límite será o martes 20 de abril.

Animámosvos a participar e aproveitamos como sempre para darvos moitísimas grazas por acoller sempre de tan bo agrado as actividades propostas!

Un saudiño e apertas bibliotecarias! 

O equipo de biblioteca  📖

No hay comentarios:

Publicar un comentario