miércoles, 14 de abril de 2021

PROXECTO DE 3º DE PRIMARIA: "O SISTEMA SOLAR"

Hoxe ímosvos presentar un traballazo marabilloso que estiveron a facer os nenos e nenas de 3º de primaria en ciencias sociais. O tema: O sistema solar.

O primeiro de todo, darlles a noraboa polo ben que o fixeron e o moito que aprenderon, así que SÚPER PARABÉNS RAPACES E RAPAZAS!!! 👏👏👏 e tamén darlles as grazas porque quixeron compartir o seu proxecto e deixalo na biblioteca para que os demais puidesen ir velo. GRAZAS!!!

Para facer o proxecto, seguiron as fases do "traballo por proxectos"

1- Que sabemos? 

Fixeron unha posta en común sobre todo o que sabían sobre o sistema solar, os astros, os planetas, a lúa... para saber o punto de partida dende onde debían comezar a traballar.

2- Que queremos saber? 

Falaron sobre aquilo que tiñan interese en aprender e como ían aprendelo. E así chegaron ao seguinte paso:

3- Onde buscamos a información? 

Decidiron buscar nos libros de consulta da biblioteca relacionados co sistema solar, o universo... 

Tamén decidiron ver vídeos informativos sobre o tema para así ter a maior información posible. 

4- Que facemos coa información? 

Unha vez que atoparon a información, seleccionaron a de interese e xurdiron dúas posibilidades: Facer unha maqueta ou facer un vídeo.

Como estes nenos/as son tan resolutivos/as e coa axuda da profe Ana, decidiron que ían facer unha combinación das dúas cousas; é dicir, unha maqueta con cartolina e boliñas de porexpan que pintaron por grupos, na que cada astro tiña un código QR que se podía escanear e gardaba unha sorpresa... sabedes cal??

Pois cada código QR facía viaxar aos nenos/as a cada un dos astros e planetas que estaban traballando para gravar os vídeos!!!😱😱😱

QUE NOOOON!!!! QUE É UNHA BROMA!!

 Aínda queda moito para poder viaxar a outros planetas, pero grazas ao chroma que temos na nosa aula de vídeo podemos imaxinarnos como serían os nenos/as de 3º como reporterios interplanetarios... A que queredes velos? Pois veña, non esperedes máis e clicade nos QR. 

A DISFRUTAR!!!! 

 Aquí tedes algunhas fotos do proceso e do resultado: 

 






 

 





No hay comentarios:

Publicar un comentario